O cómic desde distintas miradas

Fancómic

11-09-2006

38 / de Álvaro López e Luís Sendón

Etiquetas: Reseña, Terra galega

Cubierta do cómic 38galegoDespois de traballar varias veces xuntos, este dúo dinámico do cómic, soprendenos unha vez máis. Editado a través de Polaqia, “38” conta a historia dunha pistola. Un calibre 38 special que, como un estrano legado, vai pasando de pais a fillos deixando tras de sí un regueiro de morte, odio e desespero.

Un calibre 38 que esperta as máis obscuras obsesións de todo aquel que o posúe. Un calibre 38 que nos leva, durante 24 páxinas, o seo de catro historias diferentes. Unha en tempo presente e tres en flashbacks.

Historias nas que destaca a profundidade das ilustracións, que entintadas en branco e negro, dotan ao cómic dun ton máis desacougante.

Ilustracións que deixan a un lado o proselitismo estético para contar os sucesos con toda a súa crueza e realismo. Realismo que, de seguro, non te deixará indiferente.

Comentarios »

O URI para referenciar esta entrada é: http://bijcomic.blogsome.com/2006/09/11/38/trackback/

0 comentarios.

Te toca

Tu comentario tardará un poco en aparecer pero si no es ofensivo acabará publicándose.

Por favor, escribe estos números para evitar spam.