Álvaro López Santos

Álvaro López Santos naceu na Coruña en 1977; dirixe o fanzine coruñés "El jardín atómico". Como debuxante e guionista é un dos máis activos membros do colectivo Polaqia, tendo asinado varias obras optando pola autoedición. Participou tanto en solitario como formando tándem con Luís Sendón ou Kike Benlloch colaborando tanto no guión como nas ilustracións.
Formación académica
- Estudou deseño gráfico na Escola Pablo Picasso da Coruña.
- Máster multimedia en creación dixital da Universidade da Coruña.
Premios
- Premiado dúas veces nos concursos de BD do instituto lugués "A Nosa Sra dos Ollos Grandes".
- 1º Premio por "Bolboretas", no III Concurso de BD do Alfaiate (2005), (Con Luís Sendón)
- 2º Premio "Concurso de banda deseñada de Cangas 2006".(Con Luís Sendón)
- Premio "Cartel de San Xoán 2005". Concello de Carballo.(Con Luís Sendón)
Obras como ilustrador
- Barsowia en Llamas. Dolmen Editorial, (2006)
- Capital. Edicions de Ponent, (2006).(Con Kike Benlloch)
- “38”. banda deseñada. Polaquia (2006). (Con Luís Sendón)
- A voz na caixa. Polaqia (2005)
- Feliz cumpleaños May. Jardín atómico. Polaqia (2004).
- “APB” (A Prueba de Balas). Polaqia, 2003. (Con Emma Ríos)
- “APB” (A Prueba de Balas). Polaqia, 2001. (Con Emma Ríos)