A prueba de balas
segunda terra das oportunidades (Marte). Unha vez alí, dase conta de que, en Marte, non existen tantas oportunidades como creía. O planeta, concebido como un lugar turístico e como fonte de obtención de recursos, caeu en mans cheas de ambición e corrupción que a base de diñeiro fixéronse co control de practicamente todo. Por se fose pouco, Ángela so consigue un traballo precario moi mal pagado, no que ten que lidiar continuamente con bandidos e asasinos, ademáis de có seu xefe transexual Marla. Nun destes encontronazos, matan ao seu xefe e a ela danlle unha malleira tal, que ten que ser hospitalizada. Alí un médico inxéctalle unha posible vacina, en forma de suero, para que esta non chege a mans da corporación. Este estrano líquido curaa de forma milagrosa, cando xa tódolos médicos a daban por perdida. Xa na casa, cando Ánxela creía que non lle podía pasar máis nada: recibe a visita inesperada dun home chamado Fritz Mann que di ser amigo de Marla.É perseguida pola corporación que busca da vacina, e por se fora pouco duos matóns a soldo, Ginjiro e Kowalsky, ven en Ánxela a súa saída dun turbio negocio. Para Ánxela, isto é so o comezo……….
O comezo de (APB) “A prueba de Balas” o cómic máis macarra editado. Si, si, macarra. Macarra de arriba a abaixo. ¿Qué pensabades con ese título?. Ou acaso pensabades que porque un cómic este feito por unha muller, ten que estar tintado de rosas e corazóns por todas partes. Nada diso, de feito, neste cómic as únicas rosas que verás estarán manchadas de sangue e os corazóns pode que estean rodando polo chan.
Unha historia que é unha continua evolución tanto do guión como das ilustracións. De feito, a aposta por APB foi nun principio en forma de fanzine fotocopiado. Un A5 autoeditado, con dous números en branco e negro, o cero (agosto 2001) e o un (agosto 2002). Pero a historia, pedía moito máis, Emma quería moito máis, por iso, o número 1 sería publicado como a primeira metade do APB#1. O primeiro fanzine contiña dez páxinas de BD e ilustracións diversas. O segundo, 24 páxinas de cómic. E agora, estamos ante unha obra moi madura, que consta de 4 cómics dos que só hai publicados 3.
Sempre me chamou a atención esta obra polo seu título e polas súas portadas, pero nunca decidín mercalo…
Se cadra desta volta o fago, ou pode que lea algo primeiro na biblioteca.
O Adolf probeino aí e xa hai tempo que o teño na casa.
Comment enviado por: ghanito — 10-10-2006 @ 22:17
Para ghanito.
É unha obra altamente recombendable, a verdade e que dende a primeira vez que a lín quedei completamente namorado dela. Anímote a que leas esta obra e malia otra que está reseñada neste blog, para que vexas que aquí en Galicia tamén temos cómics de calidade.
Comment enviado por: ivan — 11-10-2006 @ 12:59
Agora xa a teño
Comment enviado por: ghanito — 26-11-2006 @ 21:43