¡Moi pronto a nova sección de Fancómic sobre cociña manga!

Fancómic

10-12-2006

Miguelanxo Prado

Autoretrato de Miguelanxo PradoA Coruña, 1958

Formación académica

Cursou estudos de Arquitectura na Universidade da Coruña. 

É indiscutiblemente, o autor máis importante na historia da banda deseñada galega. Comezou na pintura e a finais dos setenta iniciou a súa andaina no cómic, sendo alumno da Escola de Arquitectura. Así, en 1979, con Xan López Domínguez e Fran Jaraba, intenta crear unha revista de banda deseñada galega, Xofre, da que só sairá o primeiro número a modo de fanzine. Colabora logo con distintos estudios de arquitectura, pero en 1982 emprende de novo a aventura do cómic que o levará a instalarse en Barcelona, que era, nese tempo, a capital peninsular da edición da banda deseñada. Alí publica as súas primeiras historietas curtas no fanzine Zero e na revista Cómix Internacional. Tamén aparecen, do ano 82 ao 84, doce historias na revista 1984. Historias que foron recollidas un ano despois no seu primeiro álbum “Fragmentos de la Enciclopedia Délfica”. Comezou así unha dilatada obra centrada no cómic, que primeiro coñece a luz por capítulos nas revistas do xénero (creepy, El jueves…) e logo reúne en álbums (Stratos -1987, Quotidianía delirante I -1988, Manuel Montano. El manantial de la noche -1989, Crónicas incongruentes -1990, Quotidianía delirante II -1990, Páxinas crepusculares (historias inducidas) -1993, Trazo de tiza -1993, Tangencias -1996, Quotidiana delirante III -1996). Foi premiado en diferentes salóns especializados na banda deseñada (Porto, Xenebra, Treviso, Barcelona, Angouleme, etc.) o seu traballo abrangue os diferentes campos do grafismo e a ilustración, desde a pintura e o deseño gráfico ata colaboracións para televisión (Xabarín Club, Os vixilantes do camiño), a prensa (na edición dominical de La Voz de Galicia, nas revistas Luzes de Galiza, Galicia Internacional e a máis recente Tempos…). Chegando a traballar en 1998 para a factoría americana Dreamworks, que lle encomendou o deseño dass personaxes da serie de animación "Men in Black". A súa actividade non cesa, e ese mesmo ano entra a dirixir a revista sobre banda deseñada "Elipse". E tamén, desde 1998, dirixe o salón "Viñetas desde o Atlántico", que fai que A Coruña sexa a capital do cómic español por uns días. E no ano 2003 viu a luz a súa colaboración cun dos máis famoso guionista do mundo, Neil Gaiman, o autor da multipremiada The Sandman, co libro colectivo "Noites eternas". Pero a súa variedade de rexistros non queda ahí. Xa que tamén ilustra textos literarios doutros autores. Como La ley del amor (1995) de Laura Esquivel, e incluso atrévese a por as imaxes a un texto clásico, como a adaptación de Pedro e o lobo (1993), conto popular do ruso Sergei Prokofiev, que fixo Miguel-Anxo Murado. No campo do libro infantil e xuvenil deseña portadas (Cando o mar foi polo río, de Manuel María, O centro do labirinto, de Agustín Fernández Paz…) ou le graficamente a historia (Bala perdida de Manuel Rivas). E se pensabades que isto é pouco, este ano volveu aos medios audiovisuais, coa súa pelicula “De profundis”, e a súa obra “Quotidianía Delirante”, está sendo levada ao teatro de máns da compañía catalá “Versus Teatre”.

Premios

Premio “Diario de Avisos” á mellor obra gráfica (Sta Cruz de Tenerife, España), 1984.Premio “Semana de la Historieta de Madrid” ao mellor libro do ano, 1986.Premio “Génie” da Convention de Paris, 1988. Premio Salão Int da BD do Porto (Portugal), 1988. Premio ao mellor libro do ano, Charleroi (Bélxica), 1988. Premio “Buenaventura”, Treviso Comics, Treviso (Italia), 1989. Premio do Salón Int do Cómic de Barcelona á mellor obra de 1988 (Barcelona, 1989). Premio Simão, no Porto (Portugal), 1989. Premio do Salón Int de Grenoble (Francia), mellor autor, 1990. Premio “Grand Prix des Alpages”, Salón Int de Sierre (Suíza, 1990). Premio “Philip Morris” Salón Int do Libro (Xenebra, 1990). Premio “Max und Moritz” do Salón Int de BD (Alemaña, 1990). Premio “Alph’Art” ao mellor libro extranxeiro Salón Int de Angouleme (Francia, 1991). Premio Asociación Nacional de Ilustradores (Madrid, 1992). Premio ao mellor autor extranxeiro, Salón de BD (Chile, 1992). Premio da Crítica (Artes), Fundación da Crítica Galega (Vigo, 1993). Premio ao mellor libro do ano, Salón da BD (Francia, 1993). Premio da Asociación de Libreiros Especializados de Francia ao mellor libro do ano, 1993. Premio “Diario de Avisos” á mellor obra gráfica, Sta Cruz de Tenerife (España, 1993). Premio “Diario de Avisos” ao mellor guión, Sta Cruz de Tenerife (España, 1993). Premio Ourense de BD por toda a súa traxectoria (Casa da Xuventude de Ourense, 1993). Premio “Alph’Art” ao mellor libro extranxeiro Salón Int de Angouleme (Francia, 1994). Premio do Salón Int do Cómic de Barcelona á mellor obra de 1993 (Barcelona, 1994). Premio Especial do Xurado, Festival Int de Sierre (Suíza), 1994. Premio ao mellor guión, Festival de Coxyde (Holanda), 1994. Premio de Honra da Câmara Municipal de Amadora, Festival de Amadora (Portugal, 1994). Premio da crítica ao mellor guión (Austria, 1994). Premio da crítica ao mellor libro do ano (Austria, 1994). Premio “Fernández Latorre” (A Coruña, 1996). Premio de Honra ao mellor libro extranxeiro, Festival de Amadora (Portugal). Premio BD Boum (XVIII edición, Blois, Francia, 2001) Premio ao mellor autor completo, Salón do Cómic de Granada (España, 2002)..

Obras adicadas ó cómic e cómics en si:

Trazo de tiza Tangencias Stratos Pedro y el lobo Páxinas crepusculares : (historias inducidas) Crónicas incongruentes Quotidianía Delirante: Obra Completa Fragmentos de la enciclopedia délfica. La mansión de los Pampín Belo horizonte Manuel Montano. El manatial de la noche O cómic na escola O cómic en Galicia Elipse : revista galega de banda deseñada. Obras como ilustrador: Retorno a Tagen Ata, de X. L. Méndez Ferrín. 1987 As flores radiactivas, de Agustín Fernández Paz. 1990 Una historieta democrática [Material gráfico] : Palacio de Exposiciones "kiosco Alfonso". 1991 Rapazas, de Agustín Fernández Paz. 1992 6º Salón do Libro Infantil e Xuvenil, VV/AA. 1992 Relatos para un tempo novo, VV/AA. 1993 Pedro e o lobo, deM.-A. / Prokofiev. 1993 El misterio de las campanadas de Xabier Docampo, 1994 Perigo vexetal de Ramón Caride. 1995 Ley de amor, de Laura Esquivel. 1995 A cantar con Xabarin, VV/AA. 1995 Cartel da 3ª Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. O trasno de Alqueidón, de Marilar Aleixandre. 1996 Bala Perdida, de Manuel Rivas. 1996 Ameaza na Antártida de Ramón Caride. 1997 A néboa escura, de Agustín Fernández Paz.1998 Historietas gráficas (Dossier de prensa), 1998 Cos pés no aire, de Agustín Fernández Paz. 1999 Xeografías do sal, de Ramón Caride Ogando. 1999 O xabaril branco, de Tucho Calvo. 2000 O futuro roubado, de Ramón Caride. 2000 No corazón do bosque, de Agustín Fernández Paz. 2001 Diez acorazados del mar, VV/AA. 2001 Diez peces planos de Francisco Armesto. 2001 Diez peces de colores, de Francisco Armesto. 2001 Diez plantas de beiramar, de Francisco Armesto. 2001 As aventuras de Said e Sheila, de Ramón Caride. 2001 Historias para calquera lugar, VV/AA. 2001 A Serea da Illa Negra, de Agustín Fernández Paz. 2003 Contos de Nadal, de Manuel Rivas. 2003 O chapapote móvese : [exposición], 27 de marzo al 27 de abril, Casa de Cultura Salvador de Madariaga, VV/AA. 2003 A Coruña vista por 6 fotográfos + 6 pintores : [exposición], VV/AA: 2004 Rosalía ilustrada, de Rosalía ed Castro. 2004 A negrura do mar ; Os arquivos de Sheila e Said, de Ramón Caride. 2004 A lingua das bolboretas, de Manuel Rivas. 2005

1 comentario »

O URI para referenciar esta entrada é: http://bijcomic.blogsome.com/2006/12/10/miguel-anxo-prado/trackback/

  1. Aunque todo el mundo dice que su mejor álbum es el trazo de tiza, yo sigo enamorada de su “Tanxencias” y “Fragmentos de la enciclopedia délfica”, no sé por qué..

    Comment por Sonya — 14-05-2007 @ 10:57

Para comentario

Tu comentario pasa al limbo internetero pero será publicado en breve.



Por favor, escribe estos números para evitar spam.