O cómic desde distintas miradas

Fancómic

01-02-2007

Tanque familiar

Etiquetas: Reseña, Terra galega

 

 Tanque familiar / Diego Blanco. — 28 p.  : b. y  n.  ;  24 cm. galego

Atención damas e cabaleiras, pasen e vexan.
O que están a piques de presenciar é a meirande historia xamáis contada. Outra historia interminable que có permiso do señor Ende, Diego Blanco transforma en forma de cómic.
Aínda que pensando ben, esta “historia interminable” non ten nada que ver có reino de fantasía, non hai personaxes có valor de Atreyu, non temos que rescatar a ningunha Emperatriz Infantil, non conviven personaxes tan entrañables como o “Comepedras” ou Fújur o Dragón voador, nin temos que escapar da temida nada.
Máis ben, achegámonos as inmediacións da Terra Baldía (unha amalgama entre as ambientacións de MAD MAX e MENSAXEIRO DO FUTURO), para ver que o valor e a moral das persoas está escondida baixo un “tanque familiar” que amosa as frustracións dunha familia demasiado típica. Unha familia que non entende que poidamos convivir nun mesmo lugar xente tan diferente (e á vez tan igual) como humans e mutantes. Mutantes que como a emperatriz infantil loitan por sobrevivir nunha terra que, debido a inconsiciencia humana, estase a converter nun deserto ermo. Un deserto no que se desenrola unha loita desigual debido a que:

O Mutante protagonista odia os humanos polas súas masacres indiscriminadas na fin de semana. Ou o que é o mesmo, o fillo de Samuel L. Jackson e a Cousa do Pantano está cabreado por non poder xogar co tanque dos humanos. O Sensei ninja mutante con capazo de tartaruga é o “Mestre Mutenroi”, que ten unha espiña cravada por converterse en mutante e aínda así, non ser igual que Songoku. O Pai extrememadamente moral matamutantes, interpretado polo xenial Anthony Perkins (Psicosis), que está frustado por non ter a pel tan tersa e verde como o mutante protagonista. A Nai realizapasteis, interpretada por Linda Hamilton (Terminator- Terminator 2), está enfadada con toda a Terra Baldía porque non lle deron o papel de Mutante protagonista ó seu amigo, o senador Sosenaghe. E por último, porque o convidado estelar, o can Tobi (realizando o papel de Tobi), desapareceu da rodaxe en extrañas circunstancias.

Se todo isto unímolo con bolas de demolición, praias radiactivas, cidades en chamas, biplanos lanza cockteles molotov, tecnoloxia matamutantes, violencia indiscriminada, ira (ademáis do resto de pecados capitais), e sobre todo humor, moito humor. Teremos tódolos ingredientes para poder poder pasar un fin de semana apocaliptica.
Así que, que ciberlectores… ¿qué me dicides?, ¿a que estades desexando lelo?. Non!!!!, pois se aínda non tedes ganas, ahí vos vai o comezo:

"No sé, mi querido lector, si usted se ha preguntado alguna vez qué le deparará el futuro. No me refiero a su insignificante destino individual. Le pregunto por el futuro en general, el que atañe a toda la humanidad. Pues bien, si le interesa saberlo, siga leyendo… entonces ya todo será diferente, aunque no pasará tanto tiempo como usted piensa. La vida no es fácil en esta época: la contaminación y el invierno nuclear se encargarán de eso, luego vendrá el efecto invernadero, mucho más acusado que antes, agujeros en la capa de ozono por doquier, nubes readioactivas por aquí y por allá… y después… los mutantes… los pocos supervivientes que queden sobre la faz de la tierra irán mudando su apariencia, desviándose del largo camino recorrido por nuestra especie a lo largo de los siglos, convirtiéndose en otra cosa. Sólo unos pocos humanos aún luchan por salvaguardar la especie y sobrevivir…"

Só queda darlle as grazas a Don Diego Blanco pola facilidade que ten para reventar xéneros. E digo reventar en vez de reinventar, porque cando alguén reinventa algo en calquera das artes, o único que fai é copiar. Estructuras, frases, disposicións das viñetas, ilustracións… pasan a formar parte dunha historia anodina chea de clichés. Por iso, riámonos con Diego de todas esas historias underground postapocalípticas que  él non quere reflectir, nunha Terra Baldía, carente de calquer signo de comercialidade, de personaxes estereotipados, de poesía barata, de ilustracións que non aportan nada a narración e dese tan usado toque “cool” que a pesares do que diga o todo o mundo, “non mola nada”.

Iván Serrano e o noso bibliotecario en Forum, colega e amigo.

3 Comentarios »

O URI para referenciar esta entrada é: http://bijcomic.blogsome.com/2007/02/01/tanque-familiar/trackback/

  1. genial

    Comment enviado por: veronica — 01-08-2007 @ 22:34

  2. ¿Dónde se puede encontrar este tebeo?

    Comment enviado por: Kalashnikov — 13-09-2007 @ 00:13

  3. Ak-47, Te la podemos prestar en la Biblioteca Municipal Forum Metropolitano de A Coruña.

    Comment enviado por: Julio — 13-09-2007 @ 09:30

Te toca

Tu comentario tardará un poco en aparecer pero si no es ofensivo acabará publicándose.

Por favor, escribe estos números para evitar spam.