Nace a mesa pola banda deseñada
A Consellería de Cultura e Deporte promoveu recentemente a creación dun grupo de traballo sobre banda deseñada para analizar con representantes do sector as súas necesidades e consensuar unha estratexia de actuación. Nesta mesa, ademais da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural, están integrados o Consello da Cultura Galega, a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI), a asociación Polaquia, a asociación BD Banda, as Xornadas de Banda Deseñada de Ourense e a mostra Viñetas desde o Atlántico.
Fonte: www.prazadasletras.org
¿Non botades en falta a ninguén? ¿Que pasa coas bibliotecas?¿Non facemos nada pola Banda Deseñada?¿Non temos milleiros de usuarios lectores do cómic?¿Qué está a pasar?
Julio Pesquero







