Nace a mesa pola banda deseñada
A Consellería de Cultura e Deporte promoveu recentemente a creación dun grupo de traballo sobre banda deseñada para analizar con representantes do sector as súas necesidades e consensuar unha estratexia de actuación. Nesta mesa, ademais da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural, están integrados o Consello da Cultura Galega, a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI), a asociación Polaquia, a asociación BD Banda, as Xornadas de Banda Deseñada de Ourense e a mostra Viñetas desde o Atlántico.
Fonte: www.prazadasletras.org
¿Non botades en falta a ninguén? ¿Que pasa coas bibliotecas?¿Non facemos nada pola Banda Deseñada?¿Non temos milleiros de usuarios lectores do cómic?¿Qué está a pasar?
Julio Pesquero







Se mal nom lembro, fum testemunha, no Saló de Barcelona, de como o Director Geral de Promoçom e Difusom Cultural convidava a Fátima e mais a Ivám, destas mesmas bibliotecas a participar nessa mesa. Acho que foi puro desconhecimento o facto de nom ser convidados antes.
Comment por Germám — 22-05-2007 @ 08:00
Xa falarei eu cos mudos estes. Grazas pola información.
Comment por Julio — 22-05-2007 @ 08:29
Hola Germám! Envieiche un mail, a ver se nos axudas, porq ainda q o director convidounos, ninguén se puso en contacto con nós,e non sei en q portas petar.
Estamos deseando traballar con vos pero… SOS!!
Agardo a túa resposta. Apertas dende o Atlántico.
Comment por Fátima — 22-05-2007 @ 16:08
Xa se ten falado na Mesa pola BD da necesidade de actuación nas bibliotecas así que supoño que seredes benvidos.
Recoméndovos que enviedes un mail a creacion.difusion.cultural@xunta.es comentándolle o asunto.
Carvalho
BD Banda
Comment por Carvalho — 23-05-2007 @ 07:43