O cómic desde distintas miradas

Fancómic

25-05-2007

Xoias do “ Saló del Cómic de Barcelona”: Exposición de Blacksad

Etiquetas: Salón, Exposición

Por unha vez e gracias a Tutatis, como diría o noso querido Astérix (do que tamén puidemos ver unha extensa exposición en Barcelona), non se cumple o dito de que ninguén é profeta na súa terra. Máis ben demostrando todo o contrario, os profetas Juanjo Guarnido e Juan Díaz Canales fixeron deste, o seu salón. Non só porque para conseguir unha firma de un dos seus exemplares, os mortais, tiñamos que esperar colas de ata dúas horas, senón pola reedición do seu mellor traballo (a terceira entrega do detective Blacksad “Alma Roja”) en formato coleccionista, que se ben fará as delicias de moitos dos afeccionados e/ou amantes deste detective, provocará os choros de moitos outros xa que a tan esperada obra ronda os 100 Euros; ademáis da extensa exposición da triloxía que na pasada edición do Saló conseguiu os premios a mellor obra e o mellor debuxo co xá mencionado “Alma Roja”.

Sen dúbida, esta exposición acheganos de preto ao Universo Blacksad. Un Universo cheo de contradiccións, de soidade, de traizóns, de amenazas, de desexos, de mortes… nunhas vidas protagonizadas por animais antropomórficos que desenvolven a súa acción nos Estados Unidos da posguerra, aproximadamente polos anos 50. De entre estes animais humanizados destaca o felino de raza negra Blacksad (o protagonista da serie) que representa fielmente o paradigma de perdedor. Blacksad é un detective solitario que é constantemente repudiado por todo o que lle rodea. O detective que ve como pouco a pouco o seu “éxito” profesional distorsiona a súa vida social. O eterno detective do xénero negro que posúe tódolos tópicos e clichés imaxinables.

Pero non vos levedes a engano, porque aínda que tópicos, os cómics de Blacksad asegurannos diversión, sorpresa e sobre todo beleza. Beleza que ven dada por unha forza narrativa visual fora do habitual. Esta riqueza visual ven da recreación que Juanjo Guarnido fai dos personaxes, das situacións, dos espazos… os que lles aporta tanta verosimilitude e a vez tanta acción que fai que creas que estás realmente nesa época. Cada unha das viñetas posúe un mundo único, realista, cheo de pequenos detalles, cunha utilización da cor realmente novedosa. Pero que se esconde detrás deses pequenos cadros?.

Iso foi o que nos amosou a exposición, o proceso, tanto de creación das personaxes con bocetos orixinais como o de secuenciación das viñetas dunha páxina (primeiro a lápiz con esbozos dos bocadillos, logo coloreada a acuarela e finalmente entintada). Unha tarea realmente encomiable en tódolos seus aspectos, dende os primeiros bocetos ao acabado final, feita con moitísima clase e cunha sensibilidade que non é  normal. Unha delicia visual pertencente a exposición serie negra, na que se vincula o xénero literario cós cómics puidendo desfrutar tamén dos orixinais de obras clásicas como The Spirit de Will Eisner ou Secret Agent X-9 de Dashiell Hammet e Alex Raymond. Autores míticos que xunto o noso Blacksad ocuparán para sempre un lugar no corazón de tódolos que desfrutamos coa Banda Deseñada.

Máis sobre Blacksad en:

http://es.geocities.com/blacksadweb/

http://www.guiadelcomic.com/comics/blacksad.htm

Iván Blackserrano

 

Comentarios »

O URI para referenciar esta entrada é: http://bijcomic.blogsome.com/2007/05/25/p80/trackback/

0 comentarios.

Te toca

Tu comentario tardará un poco en aparecer pero si no es ofensivo acabará publicándose.

Por favor, escribe estos números para evitar spam.