Freda
Freda / Kike Benlloch, Alberto Vázquez. — De ponent, 2003. — 64 p.
En toda historia de amor, como nas mellores obras de teatro clásico, xogan un papel importante os tres actos nos que está dividido o noso corazón: plantexamento-nó-desenlace. O punto de partida “plantexamento”, no que damos a coñecer, e moitas veces tentamos ocultar, o que somos en realidade. Os nosos intereses, os nosos medos, a nosa fraxilidade… forman parte dun ente nú e crú, unha “Tábula Rasa” capaz de matar e morrer por amor. O amor duns nenos que creceron entre sentimentos exacerbadamente humáns, hiperbólicamente cotiás, desmesuradamente inxenuos, extremadamente crueis e amargamente falsos, como os que saíndo da inocencia de Manu din “puedo esperarte toda la vida aquí sentado”, ou como a sinceridade das bágoas de Freda, que entoan un “Adiós” coa mesma tristura, pureza, dor e emoción coa que Rosalía lle di “Adiós” á Terra que a viu nacer. Porque nesta historia, igual que no poema de Rosalía, o punto de partida, a viaxe e o retorno están adscritos ao tren desarraigo, á perda da patria e ao desterro emocional. Un desterro apátrida “llevo toda mi vida entre dos países…a veces tengo la sensación de haberme quedado a medio camino entre ambos…sin acabar de pertenecer ni al uno ni al otro” que só atopa sosego en ela, en Freda. Un desterro que ten como “nó” a época da emigración, en concreto a emigración galega a Alemaña (aínda que en ningún momento se fala de ningún país) e os problemas derivados desta.
Así, Manu non só se ten que enfrontar ao amor por Freda, senón que ten que loitar cunha lingua que descoñece, cuns pais que non se adaptan as súas novas vidas, cun pobo que demasiado ensimismado en si mesmo como para descubrir a universalidade da razón e sobre todo ao regreso. Un regreso cheo de frustacións, no que non queda atrás só a figura do amor, senón a inocencia, os latexos e máis a alma…ou o que é o mesmo, deixa atrás a túa propia vida. Arrincado do teu entorno para ser trasplantado en outro alleo, Manu non aprende a convivir nesta “strada chiusa” que como se estivese nun mal soño escribe cartas que nunca serán contestadas. Cartas que deambulando pola eterna obsesión dun amor perdido esconden o seu sentimento de culpa, agochándose no umbral do silencio. Silencio que envolve os quefaceres cotiás da nosa existencia. Existencia que ten como “desenlace” a ela, que non significa nada sen ela. Ela, ela, Freda…
Iván Serrano