Madrid, 1980
Enderezo electronico: carlos@carlosvermut.com
Páxina web: http://www.carlosvermut.com
Blog: http://ombligopolis.blogspot.com/
Carlos López del Rey é perante todo un viaxeiro. Un viaxeiro cósmico que gosta de recrearse en situacións inverosimiles, paisaxes olvidadas, civilizacións perdidas e contos que sempre foron contados pero nunca retratados. Este “Dr. Banner”, amante do descoñecido, transformase nun ser verde de máis de dous metros de alto por catro de ancho cando, cun lápiz na man, intenta recrear todos eses viaxes nun papel, converténdose no “increíble” Carlos Vermut. Con esta personalidade, da que non se puido desprender dende que ten uso de razón, Carlos ingresa na “Escuela de Arte 10” de Madrid para nunca deixar de soñar.
Entre soño e realidade, tenta compaxinar con éxito os seus estudos coa súa afección/paixón, os cómics. Publicando estes en diferentes formatos, a modo de Fanzine en “Frenzy”, “Cabezabajo”, “Lunático” e hai uns días en Barsowia; en revistas: “¡Dibus!”, “El Manglar”, "Dos veces Breve", “Bd Banda”; a modo de obra curta “Mighty Sixties”… Aínda que tamén posúe unha longametraxe “El banyan rojo”, obra que ademáis de valerlle para gañar o premio Injuve de cómic 2006, animou a unha morea de ilustradores a crear un blog no que se poden ver diferentes ilustracións versionando a obra, da que incluso fixeron un clip animado.
Ademáis dos cómics, Carlos voou como ilustrador colaborando en publicacións como MAN ou El Mundo, en campañas de publicidade para Mahou, Blockbuster ou John Smith, e como debuxante de animación en Zinkia Entertainment. Actualemente segue a viaxar por mundos descoñecidos para mostrar o encanto virxinal desas terras, aínda que tamén se deixa ver por terras máis corruptas, como poden ser o ciberespacio e máis os blogsfera, nas que aterrou recentemente para maldicir a todos aqueles que non o coñecen.
Estudos:
Licenciado na Escola de Artes e Oficios Nº 10 de Madrid.
Nominacións:
2007 - Mellor obra “Saló del comic de Barcelona” por “El Banyán Rojo”
2007 - Mellor guión “Saló del comic de Barcelona” por “El Banyán Rojo”
2007 - Mellor debuxo “Saló del comic de Barcelona” por “El Banyán Rojo”
2007 - Autor revelación “Saló del comic de Barcelona” por “El Banyán Rojo”
Premios:
2006 - Premio Injuve de cómic pola obra “El banyán rojo”
Obras:
- 2007 - Barsowia 10. VV/AA. Polaqia.
- 2007 - ROM. Incluído na revista “El Manglar”. VV/AA. Dibbuks.
- 2007 - Los demonios de la fiesta de fin de año (adaptación dun conto tradicional xaponés para a revista “Dos Veces Breve.”). VV/AA. Ariadna Editorial
- 2007 - Tommy Oregón. Colaboración mensual para a revista Xuvenil “¡Dibus!”. VV/AA. Norma Editorial.
- 2007 - Doble sesión. Incluído na revista “El Manglar” (publicado orixinalmente no catálogo de cómic e ilustración Injuve 2006). VV/AA. Dibbuks.
- 2006 - El banyán rojo. Dibbuks.
- 2003 - YO. Autoedición.
- 2001 - Mighty sixties. Guión Pedro Belushi. Amaniaco ediciones
- 2000 - K de kalimotxo. VV/AA. Autoedición
- 1997 - Limbus. VV/AA. Autoedición