Concédese a Paco Roca o 2º Premio Nacional de Cómic pola súa obra "Arrugas"

Fancómic

07-09-2007

GZCrea deixa deserto o primer premio de banda deseñada

GzcreaO xurado do certame galego de creadores novos Gzcrea 2007 en banda deseñada decidiu deixar deserto o primeiro premio. Segundo éste, a decisión foi tomada pola baixa calidade dos traballos presentados e a modo de "chamada de atención". O segundo premio foi para Jerónimo Piñeiro por Teo vai o inferno, e un terceiro premio para Brais Rodriguez por A casa de mamá.

Coñecemos a algúns membros do xurado e non dubidamos da decisión pero é moi estraño que nunha época de surdimento de novos valores no cómic ningún traballo acadase a calidade exixida. Entón, que falla? Non quiseron ou superon presentarse os creadores novos de banda deseñada, o premio non é estimulante a ningún nivel? ou sinxelamente é que non hai unha nova xeración de productores de cómics.?Qué pensades, donde están os novos comiqueiros se os hai?

Por outro lado, e persoalmente, nunca entendí iso de que se declarase deserto o primeiro premio por falta de calidade e sen embargo se concedesen segundos e terceiros premios: se o primeiro non te calidade, nesa lóxica, qué debemos pensar dosoutros, que paradóxicamente sí ten premios.

Julio Pesquero