¡Inscríbete en fancómic sms para estar al tanto de todo lo que se mueve, es completamente gratuito!

Fancómic

09-10-2007

¿Quen dixo que 20 anos non son nada?

Etiquetas: Terra galega, Noticia

libreria Komic20 anos son moito. Sobre todo para a librería Komic, a primeira tenda especializada en cómics de Santiago e de Galicia. Komic comezou a súa andaina durante o chamado "boom" das revistas de historieta (1987), onde o cómic español tiña un posto de primeira liña tanto a nivel editorial como de calidade. Paradóxicamente, 20 anos despois, tras pasar a crise dos 90, (década que se viu marcada pola desaparición de moitas librerías e editoriais especializadas) estamos a vivir un novo rexurdimento da Banda Deseñada en tódolos aspectos, e Galicia parece estar á vangarda batendo marcas de vendas e publicacións na industria.

Conmemorando estes 20 anos, a librería organiza unha serie de actos dende o día 3 ata o 13 de Outubo. Durante todo ese tempo poderase visitar unha exposición conxunta con orixinais de Fran Bueno e David Rubín no Centro Sociocultural e Xuvenil o Ensanche. Nesta exposición poderanse observar, ademáis de historias e ilustracións inéditas dos dous autores, a evolución no proceso creativo destes dous grandes do cómic galego.

O día grande desta festa será o 11 de Outubro. Data na que terá lugar a charla do crítico de banda deseñada e vicerreitor da Universidat de Valencia, Álvaro Pons (coñecido por ser o autor do blog la carcel de papel) que pronunciará unha conferencia titulada “Bd Galega, una visión exterior”, esta charla terá lugar no mesmo centro onde se encontra a exposición, as 12 da mañá. As 7 da tarde dese mesmo día celebrarase unha charla coloquio con David Rubín e Fran Bueno que explicarán como afrontan o proceso de planificar e debuxar as páxinas dos seus cómics. E xa para rematar ás 22:30 concluirá a festa cun concerto na sala Nasa có grupo Nash. As entradas poderánse adquirir na propia librería Komic ou na sala do concerto.

Así que, xa sabedes, a peregrinar a Santiago aínda que non sexa o Apostol.