Nos vamos a Zaragoza: 6º Salón do cómic
Do 14 ao 16 de decembro ten lugar o 6º Salón do cómic de Zaragoza no que atoparemos obradoiros e outras actividades e coa presencia de autores como Sergio Sandoval ou Jaime Calderón. O equipo de Fancomic imos viaxar ata Caesar Augusta para darvos conta do que aconteza. Ademáis, coma biblioteca que somos estamos moi interesados na mesa redonda do sábado sobre "Los Tebeos, las bibliotecas y los recursos en Internet".
A verdade é que xuntarémonos os responsables das bibliotecas que estamos facendo un esforzo especial no mundo do tebeo como fenómeno e obxecto cultural e, se me apurades, educativo. Aínda somos poucos e coñecémonos polos nomes pero entendemos que é momento de facer algo e coordinar labores a nivel nacional e incluso a nivel peninsular, compartir experiencias e reivindicar o papel do cómic, o papel da biblioteca y a mistura destes elementos. Xa os contaremos tanto do Salón como da xuntanza dos bibliotecarios.
E de paso intentaremos botar un vistazo ao CUBIT de Zaragoza a Biblioteca Tecnolóxica para xóvenes (ainda sen abrir) que terá máis da metade dos fondos en soporte dixital. O CUBIT está dirixido especialmente ao púbico xove e dinámico e trata de convertirse nunha experiencia pionera en España ao transformarse nunha factoria de modernidade e expresión xove. En calquera caso gustarianos saber que papel ten o cómic neste planteamiento inicial; é de supoñer que os responsables non esquecerían ó vínculo xove-comic.
Julio Pesquero
moito viaxe fas a conta dos impostos ¿non eres grandiño para andar cos tebeos?
Comment enviado por: vixiante — 20-12-2007 @ 20:14
XDD Por vez primeira, e sen que sirva de referente, vou partir unha lanza en favor do autor do post. Primeiro, porque ten corazón de cativo, e segundo, porque os tebeos están a marxe das idades. No é a primeira vez que aínda retomo uns pitufos con Johan e Pirluit!! Saudiños ^^
Comment enviado por: Fátima — 20-12-2007 @ 20:30
A conta dos impostos(de todos, non só dos teus) temos unhas das mellores comitecas a nivel estatal e foi por iso precisamente polo que nos reunimos en Zaragoza co resto de Bibliotecas da península que apostan verdadeiramente polo 9º arte. Coincido con Fátima en que os cómics non teñen idade (le o post de Mortadelo e Filemon) e invítote desde aquí a que profundices na obra de Miguelanxo (empeza por Trazo de Tiza), ou na de Frank Miller, Alan Moore, Neil Gaiman…para que vexas que os cómics son única e exclusivamente para nenos. Moitos Bicos.
Comment enviado por: Iván — 20-12-2007 @ 20:53
Buenas a todos!!este mensaje va a aquellos artistas ocultos de comics o manga!! por si os interesa esto, es un concurso online para dibujantes de comic patrocinado por nokia, es muy facil , gratis y esta muy bien premiado.
solo teneis que mandar vuestra idea a www.cyber-comic.com
1 saludo y suerte a los que participeis en el concurso!!!
Comment enviado por: dimeillusion — 08-04-2008 @ 20:26
Ya nos informareis sobre que tal fue este sexto salon!
Comment enviado por: Juegos Gratis — 06-04-2009 @ 15:51