O cómic desde distintas miradas

Fancómic

02-04-2008

Xornadas de Banda Deseñada de Pontevedra

Etiquetas: Terra galega, Salón

Mais que completas son as actividades preparadas para estas xornadas de pontevedra que virarán ao redor de tres eixos:

  • Situación da banda deseñada galega cunha conferencia dos últimos premios Castelao: David Rubín, Antonio Seijas e Jacobo Fernández.
  • Didáctica do cómic, grazas á colaboración de Sergio García, autor e estudioso do medio á vez que profesor universitario de Belas Artes, quen falará sobre proceso creativo no cómic, coa charla e a exposición Historia dunha páxina.
  • Finalmente unha homenaxe á revista O Xoves no seu trixésimo anivesario.
  • xornadas banda deseñada pontevedra
Por suposto non faltará durante o mes de abril proxeccións de películas. Desde este blog, ademais, non podemos esquecer os obradoiros para nenos que se organizan pola biblioteca municipal de Pontevedra, entidade que este ano acolle as propias xornadas nunha proba máis da vinculación entre biblioteca e cómic.

Programa das xornadas 

Biblioteca Municipal de Pontevedra
C/ Alfonso XIII 3
36002 Pontevedra
986 850 838

Comentarios »

O URI para referenciar esta entrada é: http://bijcomic.blogsome.com/2008/04/02/xornadas-de-banda-desenada-de-pontevedra/trackback/

0 comentarios.

Te toca

Tu comentario tardará un poco en aparecer pero si no es ofensivo acabará publicándose.

Por favor, escribe estos números para evitar spam.