O cómic desde distintas miradas

Fancómic

08-04-2008

Barsowia 11 de Polaqia

Etiquetas: Noticia, Coruña

O colectivo Polaqia está a sacar o seu Barsowia na edición undécima. Este número semella que ven cargadobarsowia 11 pois chega ao centenar de páxinas e ademáis de todos os membros do colectivo, os doce en pleno, tamén se da a benvida a novos colaboradores. Ainda que o número se presentó xa en Pontevedra podemos asistir a duas novas presentacións:

  • FNAC da CORUÑA: martes 8 de abril ás 12:30 h.
  • ALITA CÓMICS do Orzán na Coruña: sábado 12 de abril ás 20:00 h. A partir das oito da tarde en Alita Orzán haberá cervexa, música, debuxos adicados, boa compaña… e o novo Barsowia tamén.

Os amigos de Polaquia tamén queren aproveitar a ocasión para comunicar que:

  • O novo presidente de Polaqia é David Rubín. Polaqia quere mostrar a súa gratitude polo traballo desenvolvido polos anteriores coordinadores Kike Benlloch (2001-2006) e Hugo Covelo (2006-2008).
  • O novo coordinador do Barsowia é Jose Domingo. Polaqia quere agradecer o labor de coordinación e deseño gráfico realizado por Bernal nos números 10 e 11.
Felicidades de as Bibliotecas Municipais da Coruña dende as que tamén queremos comunicar que estaremos encantados de acoller (grazas a vosa xenerosidade) un ou dous exemplares deste número.