Que libro leo
Que libro leo é unha comunidade 2.0 que busca lectores para compartir opinións e críticas sobre lecturas. Debes rexistrarche para anotar os libros que liches clasificándoos por xénero, autor, procedencia; tamén podes puntuar de acordo a un baremo. Respecto da localización dos libros é realmente fácil xa que aparecen por votación, por crítica ou por países. Botamos unha ollada a esta páxina para ver o asunto cómic e, milagrosamente aparece como xénero, así que tras premer vemos que lamentablemente só aparecen tres titulos. En fin, na nosa man está empezar a corrixir estas cousas e colgarlles todos eses cómics que gozamos ou padecimos.










