O cómic desde distintas miradas

Fancómic

16-04-2008

Xulio Das Pastoras

Xulio Das PastorasXulio Martínez Pérez
Santa Uxía da Ribeira (A Coruña), 1956

Biografía
Baixo o alcume de “Das Pastoras” (Nome polo que eran coñecidos os da súa casa "os das Pastoras") atopase un dos mellores, e menos recoñecido, debuxantes galegos de tódolos tempos, Xulio Martínez Pérez.

Afincado dende principios dos 80 en Barcelona comeza a súa andadura na Banda Deseñada en 1981 a través do fanzine "Zero Cómics", no que tamén participaba xente como Pasqual Ferry, Miguelanxo Prado ou Jose María Beroy, que destacan del a súa paixón (e inspiración) por Moebius, así como o dominio apabullante do debuxo e da cor coa que crea un “Universo persoal e surruealistamente realista” .

Dous anos máis tarde aparece publicado o seu primeiro traballo profesional na revista “El Víbora”,  ademáis de entrar en “Toutain” onde colabora coas prestixiosas revistas “Comix Internacional” e “Zona 84”. Nesta editorial firma as series “El futuro nuestro de cada día” con Narcís Fradera ao guión e “Guerreros” obra na que tamén é guionista. Máis adiante sairán a luz “Puzzle” , con guión de Xavier Roca para a revista “Más Madera” en 1986; “Canal 44”,  para a revista “El Víbora”; e Augurio, con guión de Felipe Borrallo para “Makoki” e “Splatter”. Máis adiante realiza traballos para “Madriz”, “H Dios O” , a revista de Norma Editorial “Cimoc”, “1984”… ademáis de ilustrar caratulas de álbumes como: El patio trasero (1987, Ed. Saco Roto),  Pop Español (1991, Ed. Casset) e na mostra internacional que da nome a un álbúm recopilatorio La historia del Blues (2000, Undercomic). Este último proxecto de Siniestro Total xurdiu en boa parte grazas á adaptación que Das Pastoras fixera dunha canción do grupo no álbum colectivo "Pop Español"
 
En 1991 “El Jueves” edita, dentro da súa colección Titanic, o seu primeiro álbum, titulado “Das Pastoras”, recompilando parte da súa producción realizada ata ese intre. A mesma revista acolle un ano máis tarde a súa obra máis popular, Kafre, con guión de Enrique Sánchez Abulí, que se prolonga ata o 98. Ese traballo será tamén recompilado póstumamente en  tres álbumes da colección “Pendones del Humor”. Ese mesmo ano e tamén para a revista máis polémica do Estado, Das Pastoras comeza unha serie de chistes en cor e a toda páxina, “El humor de Das Pastoras”, que tamén sairá no suplemento dominical do diario “El Mundo”. Todo este traballo agora está disponible gracias a editorial “Sins Entido” que con “Ustedes Perdonen I-II”(2001), recolle todas esas pequenas obras de arte en dous volumes.
 
Dende 2002 e con Carlos Portela (o doutor TNT) aos guións, traballa para o mercado francobelga (Les Humanoides Associés) coa serie "Los Heresiarcas". Unha serie de corte fantástica que nas nosas costas foi publicada por Norma en 2004, nese mesmo ano a obra é publicada en EEUU baixo o selo DC co nome de "Deicide". Deste título obtiveron unha contribución apócrifa na nova etapa da revista "Metal Hurlant", ademais da serialización do segundo álbum.

Con guións de Jodorowsky comezou en 2007 a colección de álbumes "Castaka” que pretende ser un novo ciclo da archiconocida obra “La Casta de los Metabarones” (realizada polo propio Jodorowsky con ilustracións de Juan Giménez). Esta obra lévanos ao principio da historia da “Casta”, xa que a personaxe principal do primeiro número (que tamén da título ao libro “Dayal: El primer ancestro”) “Dayal” convertirase en “Dayal de Castaka” o primeiro membro da dinastía dos Metabarones.

Obras:
2008 – Castaka 1: Dayal el primer ancestro”; Guión de Alejandro Jodoroswky. Norma Editorial
2006 – El cómic de la democracia española 1975 – 2005/06. VV/AA.
2006 – Los Heresiarcas 2: Los caminos invisibles; Guión de Carlos Portela. Norma Editorial
2004 – Los Heresiarcas 1: El alma hueca; Guión de Carlos Portela. Norma Editorial
2001 – Ustedes Perdonen I-II. Ediciones Sins Entido.
1998 – 1991 – “Kafre”; guión de Enrique Sánchez Abulí. Ediciones “El Jueves”
1991 – Das Pastoras. Edicións EL Jueves.
1986 – Puzzle; guión de Xavier Roca para a revista “Más Madera”. Editorial Brugera
1986 – Canal 44; para a revista “El víbora”. Edicións “La cúpula”
1983 – Zona 84. VV/AA. Toutain
1983 – Comix Internacional; VV/AA. Toutain
1983 – El víbora; VV/AA. Edicións “Lá cúpula”
1981 – Zero Cómics; VV/AA.