Seminario Internacional de Bibliotecas e Banda Deseñada: Lisboa, 23/24 de outubro

Fancómic

17-04-2008

Presenza galega no Saló Internacional do Cómic de Barcelona

Etiquetas: Terra galega, Salón
bandera de galiciaDe novo Galicia está moi presente no Saló Internacional do Cómic de Barcelona 2008. A Xunta deSaló comic barcelona Galicia preparou este ano o seu stand promocional da banda deseñada galega, onde incluénse máis de setenta publicacións e ademáis coloborou no primeiro stand de venda conxunto. Pola súa banda, sobre trinta autores galegos estáran presentes estas datas en Barcelona; David Rubín, Alberto Vázquez, Carlos Portela ou Miguelanxo Prado terán encontros co público nos stands das súas editoras. Ademáis os autores do colectivo Polaquia, David Rubín e Miguelanxo Prado ten mostras e exposicións específicas. De maneria máis humilde, as Bibliotecas Municipais da Coruña participan, en calidade de fundadores, na presentación oficial do Grupo Comicteca que tamén terá lugar no Saló. En fin, o desembarco é significativo e agardamos que todo se transforme en boas vendas, encontros, contactos e tamén algo de festa. É verdade iso de que hai un galego na lúa…