
De novo Galicia está moi presente no
Saló Internacional do Cómic de Barcelona 2008. A Xunta de

Galicia preparou este ano o seu stand promocional da banda deseñada galega, onde incluénse máis de setenta publicacións e ademáis coloborou no primeiro stand de venda conxunto. Pola súa banda, sobre trinta autores galegos estáran presentes estas datas en Barcelona;
David Rubín,
Alberto Vázquez, Carlos Portela ou
Miguelanxo Prado terán encontros co público nos stands das súas editoras. Ademáis os autores do
colectivo Polaquia, David Rubín e Miguelanxo Prado ten mostras e exposicións específicas. De maneria máis humilde, as
Bibliotecas Municipais da Coruña participan, en calidade de fundadores, na presentación oficial do
Grupo Comicteca que tamén terá lugar no Saló. En fin, o desembarco é significativo e agardamos que todo se transforme en boas vendas, encontros, contactos e tamén algo de festa. É verdade iso de que hai un galego na lúa…