Seminario Internacional de Bibliotecas e Banda Deseñada: Lisboa, 23/24 de outubro

Fancómic

24-04-2008

Ustedes perdonen

Etiquetas: Reseña, Terra galega

Ustedes perdonen Xulio das Pastoras

Ustedes perdonen. 1 / Das Pastoras. — Madrid : Sinsentido, D.L. 2000. –1 v. : principalmente il. ; 21 cm. En Biblioteca Municipal Fórum.

Consulta a súa disponibilidade no noso catálogo

Qué hai que facer para poder divertirse e/ou rir?. Moitos de vos diredes que ir ao circo, ver unha pelicula de spaguetti western, esperar a que chege o “Día dos Santos Inocentes”, a algúns se lles pasará pola cabeza ir a unha corrida de touros (aínda non entendo por que), outros falarán de boxeo, ir a praia, facer unha viaxe a unha illa deserta… algúns de vós, incluso, pensaredes nos procesos químicos que inflúen nos nosos cambios de humor. Aínda que eu penso que, en realidade, para poder rir a gargalladas só temos que tomar consciencia da nosa condición de humanos e o absurdo dalgunhas das nosas situacións cotiás.

Esta cotidianidade, e algunhas situacións xurdidas a partir da nosa necesidade de rir (arriba escritas), vese plasmada no álbum de Das Pastoras “Ustedes Perdonen” (hai dous volumes). Este album non é máis que unha reflexión humorística, dunha viñeta por páxina, da nosa condición animal, das nosas invencións, dos nosos recursos para o ocio, das nosas limitacións, dos nosos medos, das nosas quimeras, do noso afán por destruír todo aquilo que se nos pon diante… de gran parte das “maravillas” que o home fixo dende que é home, e incluso un pouco antes.

Estes dous álbumes pretenden ser unha compilación de tódolos chiste publicados polo autor na revista “El Jueves” e na revista semanal de “El mundo” durante os anos 1991 a 1998. Uns chistes aos que lle vai ao pelo o nome do álbum, xa que unha vez que inicias a lectura sínteste realmente avergonzado (como se dun monólogo de Luís Piedrahita se tratáse) de facer cousas que consideramos normais, pero que en realidade non o son. O consumo indiscriminado e esaxerado de peles, o horror de verse inmerso nunha guerra, a masificación da violencia nas nosas vidas, o especismo, a creación da necesidade de ser famoso ao mínimo prezo, a discriminación… son algunhas das perlas coas que Das Pastoras nos abofetea, despois de pedirnos previamente perdón, para que sexamos conscientes do verdadeiro mundo no que vivimos, o mundo do absurdo.

Un mundo plasmado en cada unha das viñetas cunha forza fora do común. Cunhas ilustracións tan sólidas, cribeles e reais, que parecen que estamos vivindo neste mesmo intre. Cun encuadre e unha composición perfectas, nas que se aprecia unha perfecta conxunción entre fondo e forma a través dos máis mínimos detalles. Cun tratamento da cor fresca, orixinal, surrealistamente realista… que dota ás personaxes de presencia escénica, de credibilidade, de teatralidade…, como se tentase dicir: “Así é o teatro da vida, unha burda falacia. Nas túas man está participar desta basura ou non”.

Iván Serrano
Quedas perdoado Iván