10º Certame de cómics de Cangas
A Casa da Xuventude do Concello de Cangas convoca a 10ª edición do Certame de Cómic de Cangas dirixido a xoves
artistas de ata 35 anos cumpridos dentro do ano 2008.
Características:
- Orixinais con textos en galego, de creación propia e inéditos, non debendo ter sido premiados en ningún outro certame ou concurso.
- Tema e técnica libre (cor ou branco e negro) en formato DIN A-4 (210 mm x 297 mm). A extensión será de 4 páxinas para as categorías A e B, e de 2 a 4 páxinas para o Premio Viñeta Xove.
Categorías:
- A: de 18 a 35 anos.
- CATEGORÍA B: de 14 a 17 anos.
- PREMIO VIÑETA XOVE: menores de 14 anos.
Presentación
- A presentación das obras pode facerse de xeito individual ou conxuntamente entre guionista e debuxante, e poderán presentar tantas obras como desexen sempre na categoría correspondente. Cada autor tan só optará a un dos premios
- Os traballos deberán ser presentados polo sistema de plica (en sobre pechado aparte, no seu exterior figurará o título ou lema e categoría na que participa. No seu interior figurará: título ou lema, fotocopia do DNI, enderezo e teléfono de contacto).
- Enviar a: Casa da Xuventude do Concello de Cangas, Rúa Real 29, 36940 - Cangas (Pontevedra).
- Tfno: 986 39 21 71
- xuventude@concellocangas.com
- Ata o 21 de xuño de 2008
Premios
- CATEGORÍA A: 1º premio, 400 €; 2º premio 300 €; 3º premio 180€.
- CATEGORÍA B: 1º premio 120 €; 2º premio 100 €; 3º premio 70 €.
- PREMIO VIÑETA XOVE: 100 €.










