¡Moi pronto a nova sección de Fancómic sobre cociña manga!

Fancómic

02-05-2008

10º Certame de cómics de Cangas

A Casa da Xuventude do Concello de Cangas convoca a 10ª edición do Certame de Cómic de Cangas dirixido a xovesCasa Xuventude Cangas artistas de ata 35 anos cumpridos dentro do ano 2008.

Características:

  • Orixinais con textos en galego, de creación propia e inéditos, non debendo ter sido premiados en ningún outro certame ou concurso.
  • Tema e técnica libre (cor ou branco e negro) en formato DIN A-4 (210 mm x 297 mm). A extensión será de 4 páxinas para as categorías A e B, e de 2 a 4 páxinas para o Premio Viñeta Xove.

Categorías:

  • A: de 18 a 35 anos.
  • CATEGORÍA B: de 14 a 17 anos.
  • PREMIO VIÑETA XOVE: menores de 14 anos.

Presentación

  • A presentación das obras pode facerse de xeito individual ou conxuntamente entre guionista e debuxante, e poderán presentar tantas obras como desexen sempre na categoría correspondente. Cada autor tan só optará a un dos premios
  • Os traballos deberán ser presentados polo sistema de plica (en sobre pechado aparte, no seu exterior figurará o título ou lema e categoría na que participa. No seu interior figurará: título ou lema, fotocopia do DNI, enderezo e teléfono de contacto).
  • Enviar a: Casa da Xuventude do Concello de Cangas, Rúa Real 29, 36940 - Cangas (Pontevedra).
Prazo
  • Ata o 21 de xuño de 2008

Premios

  • CATEGORÍA A: 1º premio, 400 €; 2º premio 300 €; 3º premio 180€.
  • CATEGORÍA B: 1º premio 120 €; 2º premio 100 €; 3º premio 70 €.
  • PREMIO VIÑETA XOVE: 100 €.

2 Comentarios »

O URI para referenciar esta entrada é: http://bijcomic.blogsome.com/2008/05/02/p224/trackback/

  1. Julio, te pasaste del pantallazo. Que imos facer agora

    Comment por IvánBender — 02-05-2008 @ 09:17

  2. 1º. Como tengo firefox voy a Ver> tamaño del texto > Disminuir
    2º Voy a coger el coche y voy a acercarme a Fórum donde trabajas (digo estás)
    3º Voy a coger un monitor de 17 pulgadas y te lo voy a servir para que te lo comas mientras quemo uno de tus adorados Gaiman.

    Es broma, tes razón, mea culpa.

    Comment por Fancómic — 02-05-2008 @ 12:50

Para comentario

Tu comentario pasa al limbo internetero pero será publicado en breve.



Por favor, escribe estos números para evitar spam.