Resurrection al cine
Tal e como publican en The Hollywood Reporter, Universal Pictures quere levar á gran pantalla Resurrection, unha novela gráfica de Marc Guggenheim quen, por certo, non só non cesou de traballar na televisión nos últimos anos (Eli Stone, Cinco irmáns, C.S.I.: Miami, Jack Bobby, Lei e orde), senón que ademais ten un bo número de proxectos cinematográficos, caso da película de Linterna Verde e Nowhere man.
Do mesmo xeito que nos cómics, o filme desenvolverase xusto despois de que uns alieníxenas invadan a Terra, sendo os seus protagonistas un grupo de sobreviventes que farán todo o posible por intentar facerse co control do planeta. Scott Stuber e Eric Gitter producirán o filme, exercendo de produtores executivos Peter Schwerin e o propio Guggenheim. Nada se sabe aínda do director que podería facerse cargo desta longametraxe.






