¡Moi pronto a nova sección de Fancómic sobre cociña manga!

Fancómic

05-05-2008

O goberno catalán crea o Premio Nacional de Cómic

Etiquetas: Noticia, Opinión

Premios nacionalesA Generalitat de Cataluña acordou a creación dunha nova categoría, a de cómic,  nos seus Premios Nacionales de Cultura. Pretende así recoñecer as aportacións máis importantes no eido do cómic e nas línguaxes relacionadas. O premio ten unha dotación económica de 18.000 euros e sitúa ao cómic ao mesmo nivel oficial que o resto das artes.

No caso de Galicia, xa sabedes que recentemente,  DOG de 24 de marzo de 2008, se crearon os Premios Nacionais de Cultura coas seguintes categorías:

  • Premio Nacional de Arquitectura e Espazos Públicos
  • Premio Nacional de Artes Visuais.
  • Premio Nacional de Artes Escénicas.
  • Premio Nacional de Literatura.
  • Premio Nacional de Música.
  • Premio Nacional de Patrimonio Cultural.
  • Premio Nacional de Pensamento e Cultura Científica.
  • Premio Nacional de Cine e Audiovisual.
  • Premio Nacional de Iniciativa Cultural.
  • Premio Nacional de Cultura Tradicional e de Base.

Cada un dos galardóns está dotado con 15.000 euros. Os premios recaerán preferentemente en persoas –físicas ou xurídicas-, que teñan destacado por unha obra ou actuación desenvolvida no ano anterior ou en recoñecemento do conxunto dunha traxectoria.

Como vedes non existe unha categoría adicada específicamente ao cómic ainda que ben sabemos que algúns dos nosos creadores de banda deseñada poderán figurar dentro das artes visuais. A cuestión é se a Consellería de Cultura, tendo en conta o noso potencial e a nosa traxectoria, non debería ter plantexado directamente un premio nacional de banda deseñada. Supoñemos que, dadas a características destes premios, existe certo temor a que, unha vez nominados 3 ou 4 autores que están na cabeza de todos, a categoría quedase "vacía de contido" pero se creemos que a banda deseñada galega  é un movemento que xa ten raíces e frutos a Consellería non debería esquecer a creación deste premio específico nun prazo corto.

Julio Pesquero

1 comentario »

O URI para referenciar esta entrada é: http://bijcomic.blogsome.com/2008/05/05/o-goberno-catalan-crea-o-premio-nacional-de-comic/trackback/

  1. ¿Cómo estás? Soy parte de un proyecto llamado Bloggers Recommendation Management (www.b-r-m.net) que pone en relación marcas con bloggers.

    Estamos trabajando con una editorial catalana y me gustaría hacerte llegar un libro para que nos dieras tu opinión. http://www.b-r-m.net/blog-es/?p=113

    Un saludo

    Juan

    Comment por juan pistone — 06-05-2008 @ 18:31

Para comentario

Tu comentario pasa al limbo internetero pero será publicado en breve.



Por favor, escribe estos números para evitar spam.