¡Moi pronto a nova sección de Fancómic sobre cociña manga!

Fancómic

14-05-2008

O Monstro Espagueti Voador

Etiquetas: Reseña, Opinión

PreacherHai pouco estiven re-lendo a xenial obra de Garth Ennis e Steve Dillon “Predicador”.  A verdade é que tiña sede de sangue, de matanzas indiscriminadas, de volver a ter medo dos ollos do “Santo de los asesinos”, de ver como T.C. lle mostraba o seu amor aos animais, de rir con “Caraculo Cobain” e sobre todo de ver como o grande Jesse Custer lle fai pasar un mal trago a Herr Starr.

Teño unha enorme devoción por “Predicador”, xa que foi a primeira grande obra de BD que lin e que comprei. Está tan ben narrada, tan ben ilustrada e é enfermizamente tan divertida que non podo olvidar o día que lín (ou oín, ou alguén me dixo telepáticamente) que un reverendo estadounidense recomendara a obra aos seus feligreses, demostrando outra vez que a maioría dos americanos non saben, ou non queren ler (tal vez sexa que esten cegos, porque as ilustracións de Dillon sonche ben explícitas).

Na miña mente sempre estará presente a imaxe (probablemente ficticia) de cómo estes feligreses, alentados polo reverendo, compran o especial “Los muchachotes” e na primeira páxina ven como T.C. lle fai o amor a un peixe, como Jody mata a un gorila xigante cos puños mentras lle arrinca a cabeza, coas súas propias mans, a un mandamáis do exercito dos EEUU. Ou mellor aínda, no bloque argumental “cruzados”, no que se ve que o descendete directo de Xesucristo é un retrasado mental que herdou a súa deficiencia a base de relacións incestuosas para “mantener pura la sangre de Cristo”.

Todo isto fíxome pensar sobre o papel que ten a Igrexa nas obras de BD, e a decir verdade é bastante malo. Ademáis de con Predicador, a Iglesia recibiu críticas en “Por qué he matado a Pierre” de Olivier Ka (unha novela autobriográfica sobre a relación dun neno e un parroco), “V de Vendetta” de Alan Moore (onde se nos presenta a un Cardenal pedófilo que apoia un réxime dictatorial), os cultos iloxicos e exacerbados das miles de iglesias que se ven reflectidas en “Transmetropolitan” de Warren Ellis e a invención, nas tiras cómicas de “Peanuts” feitas por Schulz, dunha nova Igrexa, “La gran calabaza”. Igrexa creada pola personaxe “Linus Van Pelt” que xorde pola súa crenza de que a  Noite de Bruxas e en realidade a Navidade polo que nesa noite espera sentado nun horto de cabazas a aparición de “La Gran Calabaza”.

Pero se hai que falar de Igrexa inventada que crítica a Igrexa convencional eu quedome co Pastafarismo. Monstruo Espagueti voladorOs seguidores do “Monstro Espagueti voador” Monesvol, tamén coñecido como Chuck Norris, (que son arredor de 100000) falan do Pastafarismo como a única e verdadeira relixión que o home leva profesando dende hai milenios para contentar a Deus (O supremo Monstruo Espagueti Voador) na súa omnipotencia. Omnipotencia coa fundou o Pastafarismo dous segundos antes da creación do Universo.

Para os Pastafaris tódolos venres son festa (ademáis dos sábados e dos domingos) e predican a palabra de comer pasta para chegar ao ceo, no que hai volcáns de cervexa e fábricas de strippers. Pero para chegar ao ceo, a humanidade, ten que organizarse como lle de a gana. Só os que se lanzen á aventura do saqueo, á piratería, ao océano, as abordaxes e as espadas estarán tocados polos apéndices tallarinescos e serán dignos de ser Piratas.

Piratas que obteñen a bendición de Deus por ser o pobo elexido para fundar a Nación Pirata do Centro do universo (a Terra xira arredor do Sol, que a súa vez xira arredor dunha lata de coca-cola), polo que cantos  menos hai, peor funciona o universo. Senón que llo pregunten ao cambio climático.

Se queres ser un Pirata Pastafari, primeiro has de descubrir o mundo dos verdadeiros piratas, entre os que se atopa o máis coñecido polos amantes da BD “Isaac el Pirata” de Christophe Blain. Utiliza o noso cátalogo para ver os exemplares disponibles desta obra e inicia unha viaxe na busca do “Predicador” que levas dentro.

Iván Serrano
Sa-cerdote Pastafari