O Monstro Espagueti Voador
Hai pouco estiven re-lendo a xenial obra de Garth Ennis e Steve Dillon “Predicador”. A verdade é que tiña sede de sangue, de matanzas indiscriminadas, de volver a ter medo dos ollos do “Santo de los asesinos”, de ver como T.C. lle mostraba o seu amor aos animais, de rir con “Caraculo Cobain” e sobre todo de ver como o grande Jesse Custer lle fai pasar un mal trago a Herr Starr.
Na miña mente sempre estará presente a imaxe (probablemente ficticia) de cómo estes feligreses, alentados polo reverendo, compran o especial “Los muchachotes” e na primeira páxina ven como T.C. lle fai o amor a un peixe, como Jody mata a un gorila xigante cos puños mentras lle arrinca a cabeza, coas súas propias mans, a un mandamáis do exercito dos EEUU. Ou mellor aínda, no bloque argumental “cruzados”, no que se ve que o descendete directo de Xesucristo é un retrasado mental que herdou a súa deficiencia a base de relacións incestuosas para “mantener pura la sangre de Cristo”.
Todo isto fíxome pensar sobre o papel que ten a Igrexa nas obras de BD, e a decir verdade é bastante malo. Ademáis de con Predicador, a Iglesia recibiu críticas en “Por qué he matado a Pierre” de Olivier Ka (unha novela autobriográfica sobre a relación dun neno e un parroco), “V de Vendetta” de Alan Moore (onde se nos presenta a un Cardenal pedófilo que apoia un réxime dictatorial), os cultos iloxicos e exacerbados das miles de iglesias que se ven reflectidas en “Transmetropolitan” de Warren Ellis e a invención, nas tiras cómicas de “Peanuts” feitas por Schulz, dunha nova Igrexa, “La gran calabaza”. Igrexa creada pola personaxe “Linus Van Pelt” que xorde pola súa crenza de que a Noite de Bruxas e en realidade a Navidade polo que nesa noite espera sentado nun horto de cabazas a aparición de “La Gran Calabaza”.
Pero se hai que falar de Igrexa inventada que crítica a Igrexa convencional eu quedome co Pastafarismo.
Os seguidores do “Monstro Espagueti voador” Monesvol, tamén coñecido como Chuck Norris, (que son arredor de 100000) falan do Pastafarismo como a única e verdadeira relixión que o home leva profesando dende hai milenios para contentar a Deus (O supremo Monstruo Espagueti Voador) na súa omnipotencia. Omnipotencia coa fundou o Pastafarismo dous segundos antes da creación do Universo.
Para os Pastafaris tódolos venres son festa (ademáis dos sábados e dos domingos) e predican a palabra de comer pasta para chegar ao ceo, no que hai volcáns de cervexa e fábricas de strippers. Pero para chegar ao ceo, a humanidade, ten que organizarse como lle de a gana. Só os que se lanzen á aventura do saqueo, á piratería, ao océano, as abordaxes e as espadas estarán tocados polos apéndices tallarinescos e serán dignos de ser Piratas.
Piratas que obteñen a bendición de Deus por ser o pobo elexido para fundar a Nación Pirata do Centro do universo (a Terra xira arredor do Sol, que a súa vez xira arredor dunha lata de coca-cola), polo que cantos menos hai, peor funciona o universo. Senón que llo pregunten ao cambio climático.
Se queres ser un Pirata Pastafari, primeiro has de descubrir o mundo dos verdadeiros piratas, entre os que se atopa o máis coñecido polos amantes da BD “Isaac el Pirata” de Christophe Blain. Utiliza o noso cátalogo para ver os exemplares disponibles desta obra e inicia unha viaxe na busca do “Predicador” que levas dentro.







Hey, Bender! Feliz cumpleaños!! ¿¿ A qué invitas??
Estaba yo pensando que Lovecraft debió de ser el primer pastafari…Claro que el tentacular Cthulhu no tiene trazas de ser tan amable como el Caracol de Adán.
Velvet kisses!!
Comment por Leela — 15-05-2008 @ 00:21
Os Pastafaris existiron moito antes que Lovecraft miña neniña. O Mostro Espaguetti Voadorinventou o Unverso dous segundos antes de inventar o Pastafarismo.
Moitas grazas por acordarte meu amor. Cando quedemos para “cear” (era o 23, non si?) convidovos a unhas cocacoliñas e uns maníses. Muaka
Comment por IvánBender — 15-05-2008 @ 15:40