A nova Comicteca na Biblioteca Rexional de Murcia
O noso amigo Vicente Funes nos anuncia o estreo da nova comicteca na Biblioteca Rexional de Murcia. Este centro, cabecera do sistema da comunidade murciana ampliou as súas instalacións ata os 130 metros cadrados e conta cun fondo de 7.300 volúmenes que sumados aos da sección infantil e aos do bibliobus itinerante acadan os 13.000 cómics. Ademáis do fondo a biblioteca está a reforzar a súas actividades e publicacións para difundir o cómic e o seu coñecemento. Dende logo é o mesmo obxectivo que temos nos que, ainda que só somos unha biblioteca municipal, tamén estamos traballando e invistendo no promoción en difusión do cómic en xeral e galego en particular.







