O cómic desde distintas miradas

Fancómic

30-05-2008

Novas sobre as publicacións de Nana

Etiquetas: Noticia, Manga

NanaComo o tomo 19 de Nana saíu en Xapón hai só uns días, parece ser que Planeta non lanzará o número 17 ata xullo, cando en principio a súa venda estaba programada para xuño. Pero como non se consola quen non quere podemos reconfortarnos gozando do segundo pack de Nana editado por Jonu Media e recordando que o número 18 non se demorará tanto porque se publicará en outubro.
 
Ademais, con motivo do Salón do Manga, a editorial Planeta promete unha aparición moi especial: o fanbook "Nana 7.8", unha pequena biblia repleta de curiosidades, imaxes e extras. Nel atoparemos información sobre cada un dos personaxes do celebrado josei - data de nacemento, grupo sanguíneo, altura, peso, … - guías de relacións entre personaxes e unha análise chamada "Nana, da A á Z" con imaxes do manga e información diversa acerca de importantes aspectos e curiosidades da serie. Así poderemos fisgonear acerca de nomes como Jackson Hole, o Mah-Jong, Sid Vicious ou Vivienne Westwood.
 
Tamén poderemos atopar unha guía de estilo, imaxes cos lugares reais que inspiraron a Yazawa á hora de ilustrar o manga e seguro que todo o que un fan de Nana necesita saber.
Fátima Elías Busto
Fan-nana
 
  1.  | 30-04-2007 | El manga con nombre de canción de cuna | Ver reseña |
  2.  | 26-06-2007 | Concurso Nana’s Day | Ver noticia |