Humor gráfico na transición española
Curiosa esta mostra de humor gráfico na prensa española que vai de 1973 ata o ano 1982. A exposición, comisiarada por Luis Conde e que xa viaxou por Pamplona e outras cidades, está composta por máis de corenta paneis nos que se exponen recortes e extractos de publicacións da época da transición, na que os humoristas gráficos de entón reflictían conironía e sátira, os feitos acaecidos naquel momento histórico. É unha boa oportunidade de ver a obra de grandes nomes do debuxo e mellor maneira de coñecer unha época que conformó a actual.
Donde: Sala Exposicións Salvador de Madariaga | R/ Durán Loriga 10 | A Coruña
Horario: Luns a sábado: 9 a 21 h.










