O cómic desde distintas miradas

Fancómic

09-06-2008

Disney copia

Etiquetas: Pantalla, Opinión

Kimba, el león blancoNo que, sen dúbida estamos seguros de que só é unha "homenaxe", chamou a atención dende hai anos o tremendo parecido entre a película El rey león da todopoderosa Disney e o anime dos anos 60 que en España se chamou Kimba, o león branco. En deloqueseenterauno podedes atopar imaxes comparativas e, creo, non deixan lugar a dúbidas. A noticia é tan vella como a película de Simba pero merece recuperala por que resulta que o autor homenaxeado do anime é nin máis nin menos que Osamu Tezuka, ou dito doutro modo, o que é considerado o pai do manga. Dende logo se os produtores da Disney intentaron que pasase desapercibida a inspiración podían buscar outra fonte.

J.Pesquero