BDgoxía
¿Que é BDgoxía? Trátase dun espazo pioneiro en Galiza destinado especificamente a educadores, bibliotecarios, técnicos culturais, animadores socioculturais e todo tipo de profesionais interesados en aproveitar as posibilidades da banda deseñada para os seus proxectos. A asociación propón este espazo máis alá do desenvolvemento de obradoiros para achegar dinámicas de dinamización, de actividades parateatrais, de narración, de comprensión lectora, de atención á diversidade e de moitas outras áreas nas que a BD pode ser unha ferramenta idónea para tratar calquera tema.
Nesta páxina web da asociación BDbanda recollénse mostras, enderezos electrónicos e recursos en xeral que pemiten a planificación e desenvolvemento de actividades en distintos sectores e niveis educativos. Parabéns desde Fancomic compañeiros!











