GZ Crea 2008
O 30 de xuño remata o prazo para a presentación de solicitudes a esta nova edición de GZ Crea certame galego de creadores novos, que inclúe a especialidade de banda deseñada. Poderán participar os mozos ou mozas galegos/as ou residentes en Galicia, non profesionais, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos de idade cumpridos no ano 2008.Cumpre ler as bases xerais e tamén as específicas para a especialiade da banda deseñada.
Se lembrades, na edición do 2007 o xurado decidiu deixar deserto o primer premio GZ na especialidade de banda deseñada baseándose na baixa calidade das obras presentadas e otorgando o segundo premio a Jerónimo Piñeiro por Teo vai o inferno.Esta decisión levantou moitos, a lo menos, comentarios entre profesionais e xente do medio como podedes ver na nosa animada entrada do ano pasado. Agardemos que nestas datas moitos mozos e mozas estean presentado os seus traballos e podan sacarnos ese mal sabor de boca. Non esquecedes que estes premios foron otorgados a autores do calibre de Alberto Vázquez ou Davíd Rubín.
| 07-sep-2007 | GZ Crea deixa deserto o primer premio da banda deseñada |






