Carlos Portela
Carlos Portela Orjales
Vigo, 1967
Biografía
Comezou a súa andaina como analista de BD en 1983 ao crear a sección de crítica "Nomofan" do recén nado fanzine (do que tamén foi fundador) "Interlinea". Tres anos despois lanza en Radio ECCA o programa sobre cómic "Arte Alfa". Na TV foi guionista e presentador do Xabarín Club como O Doutor TNT. Xa como guionista fixo a aclamada serie "Impresiones de la Isla" xunto a Kohell, serie coa que obtiveron tres nominacións no Salón de Barcelona. Son obras súas a serie de comic-books con estilo manga "Kami Seeds", "Vox Populi", as tiras semanais "Forest Hill" e "Guinsy" -que chegaría a ser diaria- para o Diario da súa vila (o Atlántico Diario) e a segunda etapa de "Gorka". Entre 1995 e 2000 publicou a serie "O labirinto de pedra" no magazine "Compostelán" xunto a F. Iglesias co que participou tamén na antoloxía internacional "Comix2000". Colaborou con publicacións para "Krazy Comics", "Totem", “Coiote” "Frente Comixario", “H20il”, “Elipse”, “Dos Veces Breve”, “Urich” “Nosotros Somos Los Muertos” e "El País”. Con Santiago Sequeiros viu a luz algún guión seu para o álbum "La Mala Pena".
Actualmente: traballa para o mercado francobelga coa serie "Los Heresiarcas", con debuxos de Das Pastoras, publicada en EEUU baixo o nome "Deicide" por DC cómics. Bate récord de vendas na editorial Glénat recuperando o personaxe de "Esther" con “Las nuevas aventuras de Esther” do que xa van dous número ilustrados por Purita Campos. Participa na segunda etapa da revista BD Banda recuperando a personaxe de “Peter Schlemihl” facendo tándem con Kohell. Hai pouco viu a luz a novela gráfica “A Conta Atrás” (ilustrada por Sergi Sanjulián) baseada nun guión seu feito para serie de TV que trata sobre a desastre do Prestige.
Premios
- Premio Ourense ao mellor autor afeccionado 1991 da Casa da Xuventude de Ourense por "O voo da cometa", xunto con Fernando Iglesias, historia baseada nun relato de Ray Bradbury.
- Premio da Xunta por "Nosotros" realizada con deseños de Víctor Rivas.
Obras:
2008 - Las Nuevas Aventuras de Esther II; Ilustracións Purita Campos. Glénat.
2007 - Las Nuevas Aventuras de Esther; Ilustracións Purita Campos. Glénat.
2007 - La sombra de Peter Schlemihl; Ilustracións Fernando Iglesias. BD Banda
2007 - La cuenta atrás; Ilustracións de Sergi Sanjulián. Factoria K
2006 - Los Heresiarcas II; ilustracións Das Pastoras. Humanoides Associës e DC Comics (para EEUU)
2004 - Los Heresiarcas I; ilustracións Das Pastoras. Humanoides Associës e DC Comics (para EEUU)
2003 - H20il; VV/AA Ilustracións de San Julián. Colectivo Chapapote.
2000 e 1995 - Kami seeds, ilustracións de Victor Rivas e Fernando Iglesias. Camaleón Ediciones.
2000 - Comix2000; VV/AA, ilustracións de Kohell. L´Association
1998 - O Labirinto de Pedra; Ilustracións de Kohell.
1998 - Gorka; Ilustracións Sergi San Julián. Planeta
1997 e 1992 - Vox Pópuli; ilustracións Víctor Rivas. Atlántico Diario.
1993 - Impresiones de la Isla; Ilustracións Fernando Iglesias (Kohell). Camaleón Ediciones.
1988 - Forest Hill; Ilustracións de Norberto Fernández. Atlántico Diario.
1988 - Guinsy; ilustracións Víctor Rivas. Atlántico Diario.
Audiovisuais nos que participou como guionista:
2007 - PADRE CASARES. Teleserie
2007 - OLLOS DE AUGA. Telefime (Pendente de producción).
2006 - SEN CHUMBO. Curtametraxe
2006 - HISTORIAS DE GALICIA. Serie documental
2006 - A CONTA ATRÁS. Longametraxe (Pendente de producción).
2005 - HOTEL TIVOLI. Longametraxe
2005 - MARIDOS E MULLERES. Teleserie
2005 - CUARTO SEN ASCENSOR. Teleserie
2005 - ESCOLA DE PANTASMAS. Longametraxe (Pendente de producción).
2005-2000 - RÍAS BAIXAS. Teleserie
2003 - O ANO DA CARRACHA. Longametraxe
2003 - AS FASES DA LÚA. Longametraxe (Pendente de producción).
2002 - ENTRE BATEAS. Telefilme
2001 - GALICIA EXPRESS. Teleserie
2000 - CHUNDA CHUNDA. Docuserie
2000 - FÓRA DE LUGAR. TV movies
Audiovisuais como director de desenvolvemento:
2008 - MEMORIA DO FERRO. Longametraxe.
2008 - MADE IN GALICIA. Docuserie.










