Equivocado sobre Japón


Como xa posteei nun comentario dun post, estiven a investigar o das columnas de San Pedro de Mezonzo (A Coruña) e xa teño moitísimas máis novas. Para comezar xa teño os nomes dos artistas que fixeron as ilustracións para as columnas, a columna que van ocupar cada unha delas, o tema que van tratar e case todas as ilustracións. Aquí vos vai (a numeración das columnas vai desde Juan Florez ata a Igrexa):
Estou esperando impacientemente o comentario destas señoras cando vexan rematada a ilustración feita por Emma Ríos. Nesta aparece María Pita cos seos ao aire pisando a cabeza cortada de Sir Francis Drake…, que máis se pode pedir… adoro este traballo!!!!
Iván Serrano
Xa hai tres exposicións confirmadas para esta edición de Viñetas 2008.
A primeira xira aorredor da obra de Paco Roca "Arrugas" segundo a opinión de moitos un dos mellores , senón o mellor, cómic español do ano pasado. A segunda exposición faise coa obra "María y yo" de Miguel Gallardo premio nacional de cómic de Cataluña. Ditas obras xa estiveron nominadas en distintos apartados no Salón Internacional de Cómic de Barcelona.
Outra exposición, como xa dixemos comisariada por Sergio Bleda e producida por la Fundación Divina Pastora, ten como tema o cambio climático, na que diversos autores ilustran un problema cada vez máis evidente e a súas posibles solucións. Non podemos ter queixa, ata agora as exposicións van recoller o máis destacado do panorama estatal en canto a cómic.
Despois de ler, reler e requeteler “Los Heresiarcas” dinme conta de que non é un cómic. Si, si, como estades lendo agora mesmo. Esta obra de BD non é un tebeo é un guión cinematográfico. Os encuadres, os planos, a perspectiva, os guiños humorísticos, a axilidade do guión, o cambio de situacións, de personaxes, de cor… todo é puro cine. Nótase que Carlos Porte-nto-la é un experto nesa materia (senón fose por el case non habería series galegas), tanto que elexíu o mellor cámara-realizador-director de fotografía que podía elexir, DasPastoras. Co que está a realizar a mellor obra de fantasía heroíca que deu o 7º arte nas nosas costas, ou era o 9º?, ou cal era?.
As ilustracións son tan infinitamente maravillosas que imaxino a cara que puxo San Jodorwsky, ou segundo Muchachada Nui “el hombre que sale de una vagina gigante para ser comido por la versión Godzilla de Jesús Quintero”, cando as viu por primeira vez, e como coa boca aberta e o teléfono na man (todo o mundo coñece a aversión de Xulio polas novas tecnoloxías) lle pide “Ipso facto” a “Daspas” que utilice o seu talento para ilustrar a precuela de “La casta de los metabarones”, Castaka. Album que por certo está ao mesmo nivel, ou incluso a un nivel superior (o que teña algo que obxectar retoo a un duelo de beber cervexa e comer salchichas), ilustrativamente falando, que “La Casta…” de Juan Giménez.
Pero aquí non remata a cousa, vouvos dicir por que tedes que ler “Los Heresiarcas”:
Hai que lelo, porque se che gusta a fantasía heróica, desfrutarás sobremaneira cos mundos creados por estos dos monstros da narración, babearás co deseño das personaxe (bruxos, monstros, deuses, heroes…), sorprenderaste cos cambios inesperados de guión, amarás aos seus protagonistas e sentiraste obrigado a emprender a viaxe (que neste caso non é iniciática como na maioría de obras do xénero) con eles.
Se non che gusta a fantasía heroíca, tes que lelo porque desfrutarás páxina a páxina co tratamento da cor, as texturas, a anatomía das personaxes… babearás co cariz escuro e sombrío que pouco a pouco vai adoptando a obra, que sen perder o seu punto forte “O humor” (Hai veces que parece que os autores se están a rir de si mesmos e do xénero que elexiron abordar) nos encumbra ata o lugar máis lúgubre da nosa psique, amarás os dialogos cos que se nos presenta toda a vida interior das personaxes do libro.
Se non sabes se che gusta a fantasía heróica ou non, mira se está disponible “Los Heresiarcas” no noso catálogo, leo e elixe un bando. A batalla está a piques de comezar.
Iván Serrano
Además del héroe de la saga del mismo nombre, “Naruto” es un tipo de Kamaboko (pasta de pescado cocinada al vapor) enrollado en
espiral. Adquiere su nombre del estrecho Naruto, que separa las islas Awaji y Shikoku y es la vía de acceso al mar interior de Japón. Precisamente por la marea ocasionada entre el intercambio de aguas de dicho mar y del Océano Pacífico, en este estrecho se forman remolinos o “uzumaki” . La comida favorita de nuestro joven ninja es el miso ramen, aunque el ramen le sirve con cualquier condimento. Así que con una sartén y una olla vamos a preparar un ramen que hará las delicias del comensal que comparta con vosotros una buena taza.
Receta de “Miso Ramen”
Ingredientes:
Preparación:
Calienta el aceite vegetal en una sartén grande o wok. Añade el jengibre picado, el ajo y la carne de cerdo cortada en tirillas. Fríe a fuego medio hasta que esté casi en su punto. Echa entonces la zanahoria, los brotes de soja, el repollo y fríe unos minutos. Vierte agua caliente en la sartén. Sazona con el caldo de pollo en polvo, el azúcar y salsa de soja. Lleva la sopa a ebullición. Baja el calor al fogón y echa el miso en la sopa. Si tienes el aceite de sésamo, añádelo. Revuelve un poquillo y detén el fuego. Ojo: una vez que eches el miso, no dejes que la sopa vuelva a hervir!
Mientras llevas la sopa a ebullición, en otro fuego pon agua en una pota grande. Cuando hierva, cocina los fideos unos minutos -habitualmente el tiempo de cocción lo encuentras en las instrucciones del paquete-. Escúrrelos y sírvelos en dos tazones. Vierte la sopa de miso calentita sobre los fideos y … a disfrutar!!
Aínda que Sergio Bleda actúa en calidade de comisario da exposición sobre cambio climático promovida pola Fundación Divina Pastora, únese tamén aos autores convidados ao noso Viñetas desde o Atlántico e participará na signatura de obras e demáis actividades. Sergio Bleda, nado en Albacete en 1974, é coñecido sobre todo grazas á serie El Baile del Vampiro (1997), cómic de temática vampírica ambientado en Barcelona e que deo lugar a unha precuela e actualmente atópase en proceso de adaptación ao cine.
Tebeos clásicosé unha paxina web adicada ao tebeo español clásico e ven ofrecendo información sobre aquelas series, revistas, persoaxes, editoriais e autores que estiveron presentes na infancia de varias xeracións. Xa sabedes, se queredes lembrar a esos Jabatos, Cachorro e moitísimos máis, votad unha ollada a esta web. Nos visitamos esta páxina e semella moi coidada tanto en contidos como en deseño e pensamos que vai máis alá da simple "morriña".

MANGA PASTELERA: Nueva sección de fancómic para chuparse los dedos
El manga y el anime nos introducen en la vida y la cultura del Japón. Gracias a ellos descubrimos las tradiciones de un mundo donde el exotismo y la tecnología se combinan para seducirnos apasionadamente. Y si hablo de cultura, más siendo gallega, incluyo el arte de la cocina, siempre presente en la vida cotidiana de los protagonistas de las historias. Así, por ejemplo, a través de las viñetas hemos sido testigos de los copiosos desayunos de un famélico Ranma o de la pasión de Doraemon por los dorayakis.
Eso sí, pedimos humildemente vuestra colaboración. Podeis enviar aquellas recetas que se os ocurran, siempre inspiradas en nombres o alimentos que hayan aparecido en vuestros mangas y animes favoritos. Toda contribución a este recetario será bienvenida.
Esperamos que os aproveche.
Francisco Solano López, xunto Luc Brunschwig e Étienne Le Roux, autores de "La memoria en los bolsillos" e David Aja estarán na Coruña na edición 2008 de Viñetas desde o Atlántico.
O mestre arxentino Solano López é o autor de El Eternauta a obra de ciencia ficción cuxo primeiro número publicouse no ano 1957 e que conta, baixo un punto máis realista que o xeral da época, unha invasión extraterrestre e a resistencia ao mesmo. Os exemplares semanais xuntaronse nun libro ante o enorme éxito da obra que foi publicado no 1959. Ao largo da xúa traxectoria vital Solano López retomou o seu personaxe máis famoso en varios momentos (anos 1976, 1997 e 2001) publicandose estas series en distintas revistas. Pero ademáis de El eternautra Francisco Solano López traballou outros persoaxes e historias que poderá coñecer este verán en Viñetas.

Gert Jonnys: Grupo sueco dos 70 e 80 que aínda actúan ocasionalmente no sur de Suecia, Dinamarca e, atención, nas Canarias. Practicamente descoñecidos ata que Internet os converteu en famosos ao publicarse unhas fotografías de orquestras de baile suecas. Por favor, se alguno de vos vai de vacacións ás illas Canarias que esté atento ás actuacións dos hoteis; dis que son moito mellor do que foron ABBA.
Era absolutamente imprescindible que na nosa terra, a terra dos Satélites, Panorama ou París de Noia, renderamos homenaxe a esta orquestra.
Novidades de cómic na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil da Coruña:
De 12 anos en diante:
De 15 anos en diante:
- 20th century boys (N. Urasawa)
- Archlord :6 (P. Jin-Hwan)
- Bijoux, les ( J. Eun-Ha)
- Escaparate (J. Abel)
- Estraperlo y tranvía ( A. López)
- Good bye ( Y. Tatsumi)
- Home feliz, un ( A. Seijas)
- Ikkyu : 1 (H. Sakaguchi)
- Monster (N. Urasawa)
- Mushi Shi: 2 ( Y. Urishibara)
- Pabellón del ala oeste, el ( Sun Jiayu, Guo Guo)
- Priest ( M.W. Hyung)
- Pesadillas (K. Otomo)
Animes
- Happy lesson Advance ( 3 DVD)
- Monster (1ª parte)
- Cuentos de Terramar (G.Miyazaki)
A biblioteca Ánxel Casal de Santiago de Compostela (España) acolle os xoves 17 e 31 de xullo cadanseu obradoiro de banda deseñada organizado pola Asociación BD Banda.
O día 31 de xullo será Luís Davila o responsable de achegar a novena arte a todos os interesados. Este recoñecido humorista gráfico colabora habitualmente con Faro de Vigo e Retranca e verá en breve publicada unha escolma do seu traballo co título Jalisia Kaníbal
O murciano Dani Acuña acudirá ao noso Viñetas 2008. Este xove autor, nado en 1974, comenzou a súa
popularidade con Claus & Simon publicados por La Cúpula que lle permite o salto primeiro a Francia e máis tarde a Estados Unidos donde traballa como portadista e despois como debuxante interior. Asalariado das grandes editoriais, traballou para DC Cómic e actualmente ilustra para a Marvel. Como outros autores a organización de Viñetas ten previsto unha mostra retrospectiva de toda a súa obra.
Eva Arochena é unha xove rapaza, ten catorce anos, que ven polas nosas bibliotecas e que, ademáis de ler cómic, gústalle tamen pasar as mañás debuxando a súas heroinas favoritas. A nos tamén nos gustaría compartir a súa obra con todos vos. Quizais só sexa unha distracción pasaxeira o quizais non; o verdadeiramente importante é que non debemos asistir á cultura como espectadores senón que debemos participar nela. Ademáis de Eva Arochena temos algún novel máis que iredes vendo co tempo.