Debuxantes de cómic pintan os pilares de San Pedro de Mezonzo na Coruña
David Rubín, Enma Ríos, Manel Cráneo e ata 17 artistas recrearán esceas famosas da historia da Coruña nos pilares do viaducto de San Pedro de Mezonzo na cidade. Os oito pilares da estructura ten oito caras cada unha dun metro de lado e distintas alturas desde 3 a 7 metros.Os distintos autores van representar persoaxes, situacións e incluso sensacións vinculadas a cidade: María Pita, Alfonso IX, a emigración, a mar, a pesca, etc. pero sempre cunha visión moi persoal que vai a sorprender aos que pasamos pola zona.
Esta iniciativa, coñecida como Arte Urbán, é un proxecto do Concello da Coruña dentro dos actos de celebración do 800 aniversario do otorgamento da Carta Puebla a cidade e tamén un acto de recuperación urbán dun dos espazos máis coñecidos da Coruña. Pensamos que a partires de agora os pilares do viaducto van ser un punto moi visitado e non só para ter un aparcamento.











