O cómic desde distintas miradas

Fancómic

02-07-2008

Olivier Ka tamén estará no Viñetas 2008

Etiquetas: Viñetas 2008, Salón

Oliver Ka O francés de orixe libanesa Olivier Ka é outro dos autores que nos visitará en Viñetas 2008. No Salón contará cunha exposición monográfica adicada ao cómic do que es autor do guión "Por qué he matado a Pierre" editado en España por Ponent e que acadou o Premio Esencial de Angouleme 2007.

Neste cómic, de tinte autobiográfico, Olivier intenta matar os seu demo interior (ao que chama Pierre) perante un exercicio de instrospección especialmente da súa infancia. Alfred é o debuxante do tebeo aínda que non vai a poder estar no noso Viñetas.

Howard Cruse e Mark Buckingham estarán en Viñetas 2008

Etiquetas: Viñetas 2008, Salón

Howard Cruse é o primeiro invitado coa presenza confirmada para o noso Viñetas desde o Atlántico 2008. Foi fundador de Gai Comix, comezou traballando para publicacións como Dope Comix e Bizarre Sex. En 1979 crea o seu máis exitoso traballo: Wendel, unha serie acerca da cotidianía dun gai idealista, o seu noivo e outra serie de personaxes que desfilan por estas revindicativas e humorísticas páxinas. A día de hoxe, Cruse segue o seu traballo de xeito incansable. Podeis coñecer o seu traballo no seu divertido website:

Que levarlle a asinar?

  • WENDEL: As súas PRIMEIRAS AVENTURAS: A Cupula Editorial. Libro de historietas apaisado, en rústica, 116 páxinas, b/n. 8,95 euros.
  • STUCK RUBBER BABY: MUNDOS DIFERENTE: Dolmen Editorial.Tomo en tapa dura, 224 páxinas, b/n. 25 euros.

Mark Buckingham é o outro invitados confirmado para este ano.Este británico traballa fundamentalmente para as grandes editoriais americanas (Marvel, DC) e ten recibido o premio Eisner pola serie Fábulas. A organización ten pensado realizar unha mostra restrospectiva deste autor.