Olivier Ka tamén estará no Viñetas 2008
O francés de orixe libanesa Olivier Ka é outro dos autores que nos visitará en Viñetas 2008. No Salón contará cunha exposición monográfica adicada ao cómic do que es autor do guión "Por qué he matado a Pierre" editado en España por Ponent e que acadou o Premio Esencial de Angouleme 2007.
Neste cómic, de tinte autobiográfico, Olivier intenta matar os seu demo interior (ao que chama Pierre) perante un exercicio de instrospección especialmente da súa infancia. Alfred é o debuxante do tebeo aínda que non vai a poder estar no noso Viñetas.







