Invasión Zombie en Santiago de Compostela
Todos coñecedes a miña paixón polo xénero de terror en tódalas súas vertentes e a miña especial
devoción polos zombies (só tedes que ler a reseña de “Los muertos vivientes” de Kirkman para saber do que falo). Por iso non podía deixar de pasar a oportunidade de falarvos da primeira toma de contacto do mundo dos mortos coas nosas costas. O pasado 21 dexuño, 48 días antes da estrea do novo filme de Romero Diary Of The Dead, tivo lugar en Santiago de Compostela (España) a terceira entrega do festival “Galicia Brutal” que acollía a primeira Zombie Walk galega.
Para os que non o saibades, unha Zombie Walk consiste en “Zombificarse” (caracterizarse e actuar como un Zombie) por un día. Unha vez “Zombificados” siguese un itinerario, previamente marcado pola organización, no que os Zombies tentarán saciar a súa fame comendo cerebros e seres vivos. As normas básicas para desfrutar dunha zombie walk son:
1 – Respetar aos humanos e o resto dos zombies (ou o que é o mesmo, comer sen deixar marcas).
2 – Tentar non ser atropellados e ir sempre por lugares seguros, para non ter que recoller os restos de Zombies esparcidos pola rúa.
3 – Que cada Zombie se faga responsable do seu propio cadáver.
Con este evento pioneiro nas nosas terras, a WarPig Agency, organizadores do festival e a Zombie Walk, lograron xuntar a amantes de tres concepcións do arte tan parecidas e a vez tan diferentes como son a literatura, o cine e a música; tres concepcións de arte que compartindo tématica (Hai que ter en conta que os tres grupos convidados ao festival inspiranse no xénero de terror en xeral e nos zombies en particular para a elaboración da súa música e das súas letras) fixeron as delicias das cerca de 400 persoas que entre os dous eventos (por non falar da Zombie´s Party organizada no Pub TNT, no que se proxectaron as mellores películas do xénero, ademáis de amenizar a velada con música Zombie) tomaron as rúas de Santiago por un día.
Pero basta xa de cháchara, quen quere ver un video?
PD: O primeiro que me vexa dareille en persoa un dos cerebros que adquirín para a miña colección. Unha pista, non vou disfrazado.
A XOGARRRRRRRRRRRRRRRRRR!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
Iván Serra-no











