O cómic desde distintas miradas

Fancómic

09-07-2008

Daniel Acuña invitado ao Viñetas desde o Atlántico 2008

Etiquetas: Viñetas 2008

O murciano Dani Acuña acudirá ao noso Viñetas 2008. Este xove autor, nado en 1974, comenzou a súaDani Acuña Viñetas Atlántico popularidade con Claus & Simon publicados por La Cúpula que lle permite o salto primeiro a Francia e máis tarde a Estados Unidos donde traballa como portadista e despois como debuxante interior. Asalariado das grandes editoriais,  traballou para DC Cómic e actualmente ilustra para a Marvel. Como outros autores a organización de Viñetas ten previsto unha mostra retrospectiva de toda a súa obra.

[Blog Dani Acuña]

Novos (de verdade) creadores

Etiquetas: Biblioteca, Manga, Noveles

Eva Arochena é unha xove rapaza, ten catorce anos, que ven polas nosas bibliotecas e que, ademáis de ler cómic, gústalle tamen pasar as mañás debuxando a súas heroinas favoritas. A nos tamén nos gustaría compartir a súa obra con todos vos. Quizais só sexa unha distracción pasaxeira o quizais non; o verdadeiramente importante é que non debemos asistir á cultura como espectadores senón que debemos participar nela. Ademáis de Eva Arochena temos algún novel máis que iredes vendo co tempo.