O cómic desde distintas miradas

Fancómic

10-07-2008

Novas adquisicións de cómics na Biblioteca Infantil e Xuvenil da Coruña

Etiquetas: Biblioteca, Coruña

Novidades de cómic na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil da Coruña:

De 12 anos en diante: Bibliotecas A Coruña
- Azumanga Daioh: 1
- Bleach: el alma de la espada
- Bleach :18
- Crimson hero: 4
- Fullmetal Alchemist: 2
- God Child: 6
- Inuyasha :45,46
- Please, save my earth: 10,11
- Ranma 1/2: 23,24
- Recast: 3,4
- Rozen Maiden: 8
- Tsubasa, el secreto de las alas: 3
- Tsubasa reservoir Chronicle 2,3

De 15 anos en diante:
- 20th century boys (N. Urasawa)
- Archlord :6  (P. Jin-Hwan)
- Bijoux, les ( J. Eun-Ha)
- Escaparate (J. Abel)
- Estraperlo y tranvía ( A. López)
- Good bye ( Y. Tatsumi)
- Home feliz, un ( A. Seijas)
- Ikkyu : 1 (H. Sakaguchi)
- Monster (N. Urasawa)
- Mushi Shi: 2 ( Y. Urishibara)
- Pabellón del ala oeste, el ( Sun Jiayu, Guo Guo)
- Priest ( M.W. Hyung)
- Pesadillas  (K. Otomo)

Animes
- Happy lesson Advance ( 3 DVD)
- Monster (1ª  parte)
- Cuentos de Terramar (G.Miyazaki)

Consulta a súa disponibilidade no catalógo en liña

Obradoiros na biblioteca pública de Santiago de Compostela

Kiko da SilvaA biblioteca Ánxel Casal de Santiago de Compostela (España) acolle os xoves 17 e 31 de xullo cadanseu obradoiro de banda deseñada organizado pola Asociación BD Banda.

O vindeiro xoves 17 de xullo será Kiko da Silva que fará unha segunda sesión práctica encol da banda deseñada. Da Silva é un recoñecido ilustrador, con obras coma Moncho e a mancha ou A meemoria das árbores ademais de ser un destacado humorista gráfico (e director de Retranca) con colaboración en publicacións coma El Jueves. No campo da BD ten desenvolvido diferentes series coma Fiz nos Biosbardos.

O día 31 de xullo será Luís Davila o responsable de achegar a novena arte a todos os interesados. Este recoñecido humorista gráfico colabora habitualmente con Faro de Vigo e Retranca e verá en breve publicada unha escolma do seu traballo co título Jalisia Kaníbal
 

  • Destinatarios: Mozos e mozas de 13 a 20 anos
  • Máximo número de alumnos por obradoiro: 20
  • Podes inscribirte na propia biblioteca (mostrador de información) ou ben a través do e-mail da biblioteca: biblio.publica.santiago@xunta.es