Francisco Solano López, xunto a outros, súmase aos convidados de Viñetas desde o Atlántico 2008
Francisco Solano López, xunto Luc Brunschwig e Étienne Le Roux, autores de "La memoria en los bolsillos" e David Aja estarán na Coruña na edición 2008 de Viñetas desde o Atlántico.
O mestre arxentino Solano López é o autor de El Eternauta a obra de ciencia ficción cuxo primeiro número publicouse no ano 1957 e que conta, baixo un punto máis realista que o xeral da época, unha invasión extraterrestre e a resistencia ao mesmo. Os exemplares semanais xuntaronse nun libro ante o enorme éxito da obra que foi publicado no 1959. Ao largo da xúa traxectoria vital Solano López retomou o seu personaxe máis famoso en varios momentos (anos 1976, 1997 e 2001) publicandose estas series en distintas revistas. Pero ademáis de El eternautra Francisco Solano López traballou outros persoaxes e historias que poderá coñecer este verán en Viñetas.














