O cómic desde distintas miradas

Fancómic

29-07-2008

Os pilares de San Pedro de Mezonzo na Coruña

Etiquetas: Noticia, Coruña

Como xa posteei nun comentario dun post, estiven a investigar o das columnas de San Pedro de Mezonzo (A Coruña) e xa teño moitísimas máis novas. Para comezar xa teño os nomes dos artistas que fixeron as ilustracións para as columnas, a columna que van ocupar cada unha delas, o tema que van tratar e case todas as ilustracións. Aquí vos vai (a numeración das columnas vai desde Juan Florez ata a Igrexa):

  1. Columna 1: Miguel Robledo (Brigantia castrexa) e Xosé Tomás (Xulio César desembarca en Brigantium).
  2. Columna 2: Manel Cráneo (Hércules e Xerión) e David Rubín (Breogán e Ith).
  3. Columna 3: Dani Montero (Alfonso IX e Crunia) e Emma Ríos (María Pita);
  4. Columna 4:  Marcos Calo (Sir John Moore) e Patricia Castelao (Porlier prisioneiro no Castelo de San Antón).
  5. Columna 5: Leo López e Miguel Ruiz, do estudio Alavista (Punto de partida de expedicións e armadas ) e Alberto Vázquez Rico (Cidade do mar e a pesca ).
  6. Columna 6: Luis Sendón (Noite de San Xoan ) e Suso Cubeiro (Cidade meiga ).
  7. Columna 7: Santy Gutiérrez (Cigarreiras de Marineda ) e Xavi Montes (Porto de emigración ).
  8. Columna 8: Fernando Llorente (Cidade de cristal ) e Xosé Cobas (Espírito urbán).
Os encargados de pintar as columnas son o grupo estudio alavista, un equipo artístico que nace trala necesidade de unificar arte e deseño nun só concepto. Este grupo está composto por ilustradores, deseñadores gráficos, artistas urbanos e rotulistas, o que lles permite executar as súas ideas dunha maneira clara, concisa e á vez repleta de posibilidades, co que o resultado sempre é o pretendido desde o principio.
 
Este grupo creou un blog  que nos explica o día a día das ilustracións do viaducto: cómo van quedando as columnas, materiais usados para pintalas, inquietudes en forma de opinión, anécdotas, impresións da xente… Espero que dentro de pouco poñan tamén o nome da xente que as está a pintar, xa que son sen dúbida uns artistas como a copa dun pino. De entre as anédotas que nos contan no blog vou a sacar unha que me fixo gracia especialmente posto que coñezo a un dos ilustradores: “Todos los días se acercan curiosos y curiosas, la gran mayoría está contenta con el cambio de imagen del viaducto, la única pega que ponen es la presencia de calaveras en los dibujos de Marcos Calo y Luis Sendón, según alguna que otra señora son ¿siniestras?. Nosotros por supuesto creemos que no es el caso, para empezar porque consideramos que una calavera es algo tan natural como cualquier otro hueso, y además es el símbolo de nuestra ciudad. ¿Acaso entonces el logotipo de Coruña es siniestro? ¿O las flores del jardín que está cerquita del viaducto?.”

Estou esperando impacientemente o comentario destas señoras cando vexan rematada a ilustración feita por Emma Ríos. Nesta aparece María Pita cos seos ao aire pisando a cabeza cortada de Sir Francis Drake…, que máis se pode pedir… adoro este traballo!!!!

Iván Serrano

1 comentario »

O URI para referenciar esta entrada é: http://bijcomic.blogsome.com/2008/07/29/os-pilares-de-san-pedro-de-mezonzo-na-coruna/trackback/

  1. Propongo sustituir la estatua de María Pita de la plaza del mismo nombre y hacer otro modelo igual al diseño de Enma. Es buenísimo y en 3D quedaría entre aterrador y sensual.

    Comment enviado por: Hal — 30-07-2008 @ 13:09

Te toca

Tu comentario tardará un poco en aparecer pero si no es ofensivo acabará publicándose.

Por favor, escribe estos números para evitar spam.