As bibliotecas municipais da Coruña en Viñetas 2008
Por fin este ano as Bibliotecas Municipais da Coruña ten presencia no Festival de Banda Deseñada Viñetas desde o Atlántico. Do día 11 ao 17 de agosto temos un stand donde poderás coñecer alguns dos nosos cómics máis destacados e, se queres, podes levar en préstamo temporal (por unha ou duas horas) o que máis che guste. E ademáis tamén podedes botar unha ollada a nosas "xoias" en forma de tebeos conservadas no fondo Toñito Blanco da Biblioteca Fórum constituido por orixinais e vellos tebeos ou números especiais.
Lembra que tamén poderás inscribirche no fancomic sms que permite coñecer o máis relevante do tebeo e os eventos da cidade relacionados coa banda deseñada. De momento somos máis de cen persoas e sigue crecendo.
E se ademáis do cómic tes interese noutras cousas que facemos: obradoiros, actividades para nenos, blogs, cursos de internet e o que veña, podemoscho contar en directo. Xa sabes querémonos mover contigo.












