Batman: El Caballero Oscuro
Si, si, si, si, si, si. Xa era hora!!!!!. Fátima, xa podes poñer Batman Begins como segunda no teu podio de mellores adaptacións comiqueiras ao cine, porque estamos perante a adaptación definitiva do mundo tebeil. Brillante, sorprendente, complicada, extremista (perante ao tratamento das súas personaxes), estremecedora, trepidante, aterradora… mil e un adxectivos lle podemos poñer a esta superproducción de Nolan, a que eu poría como apelativo un xa dito hai tempo por Jesulín: “En dos palabras IM-PRESIONANTE”.
Impresionante, porque é unha pelicula excesivamente coral onde tódolas personaxes teñen un tratamento especial (tanto a nivel interpretativo como de presenza de guión no seu papel). A ascensión e a caída de Harvey Dent, os sacrificios e a crise de identidade de Batman, as decisións de Gordon e Lucius Fox, o impenetrable sentido común de Alfred, a traxedia de Rachel Dawes, a incríble capacidade do Joker para “comerse” a pantalla… todos ao servizo dunha estructura da narración interpretativa e visual que roza o sublime, na que apenas hai personaxes secundarias, e as que hai desempeñan un papel importante (narrativamente falando).
Impresionante polo tratamento do maniqueísmo. A eterna loita entre os dou principios creadores, opostos e irreductibles, propostos por Manes (ben e mal) que están representados en toda a súa plenitude polo triunvirato (Batman, Gordon, Dent) e polo seu talón de aquiles, o antagonismo feito personaxe, a reencarnación do mal en si mesmo, O Joker. Un Joker co que os nosos heroes bailan ao compás da sinfonía do caos. Un caos que anárquicamente iráse apoderando da cidade de Gotham.
Impresionante pola sucesión, sen respiro, da acción. Non terás tempo para a distensión, a historia engancha dende o primeiro momento cun guión elaboradísimo (é como se estiveses lendo “Arkham Asylum" e “La broma asesina” xuntas) e cunha sucesión extremandamente trepidante das esceas. A butaca do cine se che quedará pequena.
Impresionante pola profundidade filosófica dunha pelicula de ¿Superheroes?. En boca do Joker asistimos a caida dun imperio que está dando pasos axigantados cara a autodestrucción. Un imperio que non ten nada que ver coa supremacía da suposta primeira potencia mundial, un imperio que non se pode discernir en países, estados, nacións… Un imperio que día a día danos de comer, educa aos nosos fillos, machaca todo o que non teña que ver cos seus intereses, imponnos unhas metas para que sexamos capaces de “vivir mellor”, de gañar máis diñeiro, de crecer socialmente, de facernos cada vez máis pobres mentras estamos rodeados cada vez de máis cousas… Un imperio baseado nun argumento electoral demasiado manido como para que no lo creamos, O Capitalismo. Ata onde poderías ser corrompido por diñeiro?, iríanse tódolos teus ideais ao inferno se perderás todo o que tés?… Nun mundo de tolos, só os tolos poden sobrevivir: «La locura es como la gravedad, ¿sabes? Todo lo que hace falta es un pequeño empujón».
E non, non vou a falar da traxedia que envolveu a peli, de se o Joker é un dos mellores malos que deu o cine, das diferencias e similitudes coa súa predecesora, de se Gotham era máis Gotham na outra peli que nesta… Tampouco vou a facer unha psinopse do argumento, falar da fotografía, comentar anécdotas, que si o Batmóvil tiña que ser así ou asao… O que quero é que deixedes de mirar cousas por internet (esta ben un rato pero xa cansa) e que vaiades a desfrutar das dúas mellores horas e media de domingo, luns, martes, mercorés… que poden dar uns euriños.












