O cómic desde distintas miradas

Fancómic

23-09-2008

As Bibliotecas Municipais da Coruña acadan o Premio Ourense a promoción da banda deseñada

O Concello de Ourense concedeu o Premio Ourense de Banda Deseñada ás Bibliotecas Municipais da Coruña polo seu labor de divulgación e promoción da banda deseñada nos últimos anos. Con este premio busca destacarse novamente a importancia das bibliotecas como órgano de primeira importancia na difusión da banda deseñada na sociedade.

Valorase así o esforzo dos profesionais das Bibliotecas Municipais da Coruña e en especial a adicación do Grupo de traballo Fancómic que impulsa e xenera servizos e actividades (presenciais e virtuais) en torno á banda deseñada: un voluminoso fondo de cómic actualizado e de calidade, obradoiros para nenos e xóvenes, encontros con autores e asociacións culturais, presenza en salóns e feiras, o noso fancómic e o servizo de información e alertas vía sms. Pero sobre todo hai que suliñar a labor cotiá dos nosos bibliotecarios no trato cos usuarios, aconsellando, escoitando e informando.

En calquer caso o mellor resumen de todo este traballo podedes atopalo neste blog qué non deixa de se-lo espello e a canle de todo este esforzo de anos; ou sexa o voso blog.

Dito isto en ton formal só quedanos por dicir:

Premio iniciativa banda deseñada