As Bibliotecas Municipais da Coruña acadan o Premio Ourense a promoción da banda deseñada
O Concello de Ourense concedeu o Premio Ourense de Banda Deseñada ás Bibliotecas Municipais da Coruña polo seu labor de divulgación e promoción da banda deseñada nos últimos anos. Con este premio busca destacarse novamente a importancia das bibliotecas como órgano de primeira importancia na difusión da banda deseñada na sociedade.
Valorase así o esforzo dos profesionais das Bibliotecas Municipais da Coruña e en especial a adicación do Grupo de traballo Fancómic que impulsa e xenera servizos e actividades (presenciais e virtuais) en torno á banda deseñada: un voluminoso fondo de cómic actualizado e de calidade, obradoiros para nenos e xóvenes, encontros con autores e asociacións culturais, presenza en salóns e feiras, o noso fancómic e o servizo de información e alertas vía sms. Pero sobre todo hai que suliñar a labor cotiá dos nosos bibliotecarios no trato cos usuarios, aconsellando, escoitando e informando.
En calquer caso o mellor resumen de todo este traballo podedes atopalo neste blog qué non deixa de se-lo espello e a canle de todo este esforzo de anos; ou sexa o voso blog.
Dito isto en ton formal só quedanos por dicir:

parabéns rapazes!!
Comment enviado por: kb — 23-09-2008 @ 13:11
Nora boa rapaces! Espero que este sexa o primeiro de moitos outros. O voso o traballo o merece con creces. Moitos Bicos
Comment enviado por: Noe — 23-09-2008 @ 14:42
Enhorabuena por el premio. Tanto esfuerzo debía ser reconocido.
Abrazos a todos!!
Comment enviado por: marifris — 23-09-2008 @ 16:42
¡NORABOA! Parabéns a Fancómic e, especialmente, a Fátima. Nós xa o sabiamos, pero está ben que vos recoñezan a labor…
Comment enviado por: Barnikel — 23-09-2008 @ 17:21
¡VIVA! Que ben, pícaros. Estou tan contenta que non deixo de aplaudir, parezo un delfín
Grazas polos parabéns, de verdade que é moi importante para nós que estedes ahí. Bicos mil.
Comment enviado por: Fátima — 24-09-2008 @ 00:07
A todos os que nos ledes diariamente, a todos os que nos ledes esporádicamente, a todos os que nos apoiades, comprendedes e facedes que as nosas vidas sexan máis doadas. A todos, grazas. Porque sen vós este premio non tería significado ningún, por iso, este premio tamén é voso.
Comment enviado por: IvánBender — 24-09-2008 @ 16:11
Parabéns! esto merece unhas garimbas ben frias !!! BD Rules !
Comment enviado por: Sanmi — 25-09-2008 @ 14:30
Enhorabuena, es una alegria que se premie a los bibliotecarios
Comment enviado por: jose antonio gomez — 02-10-2008 @ 13:10
Muchas gracias José Antonio, es muy agradable recibir las felicitaciones de compañeros y maestros.
Comment enviado por: Fray — 02-10-2008 @ 18:32