Siro López Lorenzo 
Ferrol, 1943
Enderezo electrónico
Todo o que lea diariamente, ou non tanto, “
La Voz de Galicia” saberá de sobra quén é Siro López. Pero, quen se esconde detrás dese nome que satiriza tódolos días, a golpe de viñetas, a vida política galega?. Estamos a falar dun home que leva traballando no mundo da Ilustración dende 1970. Ano no que publica, como caricaturista e humorista gráfico, os seus primeiros debuxos de humor na revista “Chan”, que dirixía Borobó. A partir dese momento comeza a colaborar con infinidade de periódicos (Ferrol Diario, El Norte de Galicia, El Ideal Gallego, La Región e La Voz de Galicia), e revistas (Teima, Encrucillada, Grial, Vagalume, Can Sen Dono,…). Colaboracións das que debemos destacar as realizadas en “El Ideal Gallego” (onde fixo debuxo de humor, caricatura política e artigos sobre arte e cultura galega. Neste xornal publicou tamén “O tío de Xurxo”, o primeiro curso de iniciación ó idioma galego que saiu na prensa escrita.), no diario “La Región” (xornal no que creou xunto a Carlos Casares o espacio “Con esta lupa” -o primeiro sobre política internacional en idioma galego-.), e o traballo realizado dende 1984 en “La Voz de Galicia”, onde ademáis de ser redactor, é o encargado dende o 2000 da coordinación de Xatentendo.com, o suplemento de humor de La Voz de Galicia.
Amén disto, podemos desfrutar das súas ilustracións en libros de: Xabier Alcalá, Carlos Durán, Gayoso Veiga, Pepe Carballude, Fernández Formoso, Helena Villar, Cristina Amenedo, Mario Couceiro, Rábade Paredes, Neira Vilas, Vicente Araguas, Chao Rego, Manolo Rivas, Barreiro Rivas e Javier de Ronda entre outros.
Aínda que para visitar a súa obra pictorica teríadesvos que mover polos museos Municipal de Ferrol, Carlos Maside de Sada e do Humor de Fene; no Centro Ramón Piñeiro e a Fundación Araguaney de Santiago de Compostela; nas Casas Museo de Rosalía de Castro, en Padrón e Otero Pedrayo, en Ourense; nas coleccións de Caixa Galicia y Caixanova; en la Universidad de Santiago, Parlamento Gallego, Ministerio de Sanidade e Congreso dos Deputados, en Madrid.
Pero este sátiro do mundo que nos rodea, non se adicou sempre a ilustración. Dende moi novo realizou e presentou espacios culturais e humorísticos na COPE, Radio Nacional de España en Galicia, Antena3 e Radio Voz. En Antena3 Galicia dirixiu o curso de iniciación ó galego Galego coloquial, en colaboración co ILG. Este programa chamado “Corre Carmela que chove”, emítese, baixo a súa dirección e con guión da súa autoría, en Radio Voz Galicia desde febreiro do 93, obtendo no ano 94 o Premio Comunicación da Xunta de Galicia. Tamén fixo os seus pinitos para a TVG, onde escribiu guións de espacios como “Mosteiros ou Lendas”, “Riscos” e “¿Imos aló?” – o primeiro curso de iniciación ó idioma galego emitido neste medio-, sendo destes dous últimos tamén o director.
Se vos credes que isto é pouco, Siro López tamén publicou libros de ensaio, libros didácticos, de narrativa ilustrada e de teatro, ademáis de presentar no ano 2006 a exposición itinerate "Desde Picasso" que percorreu as cidades de Barcelona, A Coruña, Ferrol e Lugo. Outras exposicións da súa autoría son "Valle Inclán. Retratos, caricaturas y visiones" e "La Autonomía Gallega en las caricaturas de Siro", expsocións que no 2008 visitarán varias cidades galegas e portuguesas.
Pero aínda hai máis. Os coruñeses estamos en débeda con Siro, xa que a súa destreza cos lápices esta impresa na archiconocida “Praza do humor”, que desde 1990 alberga risas, ocio, desfute e viño. Algo máis recente, concretamente no 2002, colaborou co Concello de Moaña para facer unha escultura adicada aos traballadores galegos por antonomasia, trátase do “Monumento ó mariñeiro”, e en 2004 pinta os Murais do Porto de Ribadeo.
Premios:
2007 - Membro de Honra da Asociacion Profesional de Ilustradores de Galicia
2006 - Ferrolán do ano (Asociación Cultural Lefre de Caldereta)
2004 - Álvaro Cunqueiro de Teatro (Igaem)
1997 - Medalla de Galicia (Xunta de Galicia)
1996 - Curuxa do humor Merlín (Museo do humor de Fene)
1996 - Premio Comunicación (Xunta de Galicia)
1991 - Premio Xornalismo (Xunta de Galicia)
1991 - Ferrolán do ano
1987 - Premio Santiago (Radio Televisión Española en Galicia)
1986 - Fernández Latorre (La Voz de Galicia)
1982 - Vieira do Humor Gráfico (Enxebre Orde da Vieira)
1980 - Premio Merlín (El Progreso)
Obras:
2006 - O humor de Cervantes no Quixote
2004 - Hai que confiar na esperanza
2003 - Xente na brétema
2002 - Celestino Fernández de la Vega
2000 - Siro 30 anos despois
1998 - 16 anos de Parlamento Galego
1996 - Castelao humorista
1995 - Sorrir en Frades
1993 - O caricaturista Xosé María Cao
1992 - ¡Ozú la ezpo!
1991 - Como debuxar caricaturas
1988 - Cofrades do cristo da autonomía
1988 - Castelao e os nenos
1988 - Debuxos
1988 - Xente na brétema
1986 - In saecula saeculorum amén
1985 - Debuxos de humor
1983 - 18 espidos de muller
1982 - Historia gráfica de 2 anos
1980 - Homes e mulleres
1980 - Coas raíces na Terra
1980 - Boliche
1977 - Os pecados capitales
1975 - Probes Homes
1971 - Humor 71