Obradoiro de bd na biblioteca pública de Santiago de Compostela

A biblioteca pública Ánxel Casal de Santiago de Compostela (España) acolle os xoves 16 de setembro de 16:00 a 19:00 h. un obradoiro de banda deseñada organizado pola Asociación BD Banda que contará con Pepe Carreiro (o pai dos Bolechas) que nos falará dos tipo de "bocadillos", tipografías, onomatopeias, metáforas visuais e xestualización na BD.
Hai que chamar ou escribir para apuntarse.
Biblioteca Pública Ánxel Casal
Avda. Xoán XXIII, s/nº 15704 Santiago de Compostela
Tlf. 881 999 416
Fax 881 999 414
biblio.publica.santiago@xunta.es