O cómic desde distintas miradas

Fancómic

17-10-2008

Arrugas, el cómic de Paco Roca sobre el Alzheimer

Etiquetas: Reseña

 Arrugas
Hai batallas que non se poden gañar. Batallas cotiás que infunden máis terror e respeto que as que, desgraciadamente, a miles de kilómetros das nosas costas levánse tódolos días milleiros de vidas. Batallas que, alonxadas da verdadeira realidade, nos fan pensar que os nosos problemas son os mais importantes do mundo. Batallas como: a incomprensible primeira decepción, a angustiosa perda do amor, a soidade de buscar o teu lugar no mundo, a sempre triste búsqueda/falta de afecto, a ineludible marcha cara a vellez… que non fan mais que mostrarnos que as nosas vidas non son nin tan extraordinarimente amargas, nin tan exacerbadamente bucólicas como queremos aparentar.

Esquecémonos de que somos animais, e como tales o único que queremos é sentir que formamos parte de algo, que somos queridos por alguen, “el león como todo animal gregario…lleva en sus genes la necesidad de establecer lazos de compañía…con otros miembros de su especie”. Por iso, na última parada do tren da vida precisamos máis que nunca o amparo e o sosego que nos da estar cos nosos seres queridos. Pero, que pasa cando os teus seres queridos non queren estar contigo?, que pasa cando a túa última viaxe convertese nunha ida sen retorno ao país da soidade?, unha soidade da que nin sequera podes evadirte cos teus recordos.

Estos temas e moitos máis son os que plantexa Paco Roca no seu álbum “arrugas”. Un tebeo que nos presenta a cotidianeidade do xeriátrico ao que é desterrado Emilio, un ex-bancanrio que cada vez ten máis presentes os recordos da súa infancia a pesares de que olvida o que fixo hai uns minutos. Mostrándosnos, dese xeito, o deterioro mental que irremediablemente irá mermando as capacidades intelectuais e físicas do paradigma de home que nunca precisou de ninguén para subsitir. Unha persoa que cando ninguén quere ocuparse del é cando, paradóxicamente, precisa de atención asistida. Unha persoa que sofre na súa propia incosnciencia, o Alzheimer, “el largo adiós”.

Por sorte Emilio non estará só, xa que o elenco de personaxes secundarios van dende Miguel (o típico vividor-aproveitado e deslenguado que está de volta de todo e de ida á nada) a Carmencita (unha velliña que ten que estar sempre rodeada de xente por medo a ser raptada por extraterrestres), pasando polas sempiternas batallas de Pellicer, a fermosa historia de amor de Dolores e o “tramposo” Modesto… que inmersos na súa propia nostalxia ven pasar amargamente as horas dentro da súa cárcere particular. Cárcere creada por outros leóns, que en palabras de Plauto tomaban forma de lobos (“Homo, homini lupus est”), e nas páxinas desta historia disfrázanse de familiares. Lobos que, nun alarde de cobardía, cortan de de raíz calquer “problema” que lles impida vivir da maneira máis doce posible, baseando a súa vida no recordo de aquel que non os pode recordar.

Iván Serrano


| Arrugas | Paco Roca | Astiberri | 2007 | 1 vol. color | Catalogo das Bibliotecas Municipais da Coruña |

3 Comentarios »

O URI para referenciar esta entrada é: http://bijcomic.blogsome.com/2008/10/17/arrugas-comic-paco-roca-alzheimer/trackback/

  1. interesting story…

    Comment enviado por: medam179 — 18-10-2008 @ 08:42

  2. Precisamente esta semana me he leído este cómic. Me encantó descubrir las intensas emociones que se esconden tras estos vejetes, aparentemente, fuera de juego ¡La vida empieza a los 70!

    Comment enviado por: Sergi Ferré — 19-10-2008 @ 17:40

  3. Hola Sergi! Es cierto, está guay el cómic y la verdad es que mola muchísimo el momento “Cocoon” ^_^

    Comment enviado por: Fátima — 20-10-2008 @ 08:26

Te toca

Tu comentario tardará un poco en aparecer pero si no es ofensivo acabará publicándose.

Por favor, escribe estos números para evitar spam.