O cómic desde distintas miradas

Fancómic

09-11-2008

Cataluña presenta o proxecto do Museo do Cómic mentras na Coruña…

Etiquetas: Opinión, Coruña
 Torre de Hercules
Dende hai anos vense falando da creación dun Museo do Cómic na Coruña. Mentres se segue a falar, mellor dito metras xa nin falamos do tema, o Conselleiro de Cultura da Generalitat catalana presentou hai uns dias na inauguración do XIV Salón del Manga de Barcelona, o Plano Director do futuro Museo do Cómic de Cataluña.

A idea contempla un espazo que acollerá á ilustración e o cómic nado en Cataluña e unha escolma dos mellores artistas do mundo. Este proxecto foi elaborado a partires dun inicial de Ficomic que foi mellorado por especialistas e profesionais do comic xunto a museológos. Éste é sen dúbida un proxecto de pais e como tal así o entende o seu goberno autónomo.

¿E o museo (centro, agencia, etc.) do cómic da Coruña?
Pois non sabemos; públicamente non hai nada proxectado, nin previsto, nin traballado. A idea, que no seu momento foi lanzada polo Concello da Coruña semella non atopar futuro nin empuxe no propio concello nin nas outras administracións de Galicia.
 
Hai máis dun ano nos ilusionó moito o proxecto cando saliou nos xornais e consideramos que ademáis de contar con persoas de recoñecido prestixio no eido do cómic sería moi bo que os futuros responsables teñan en conta á organización que ata agora leva, xestiona, custodia, invirte e dinamiza a maior e mellor comicteca de Galicia: as Bibliotecas Municipais da Coruña.

Julio Pesquero

2 Comentarios »

O URI para referenciar esta entrada é: http://bijcomic.blogsome.com/2008/11/09/cataluna-presenta-o-proxecto-do-museo-do-comic-mentras-na-coruna/trackback/

  1. Yo prefiero que editen tebeos o libros sobre Historieta.

    Comment enviado por: Ismael — 09-11-2008 @ 23:28

  2. ¿Y quién los lee? El cómic se fundamenta en un público fiel y erudito pero no mayoritario, ni siquiera extenso. Tenemos que fomentar su lectura, reivindicar su valor pero sobre todo abrirlo al público mayoritario a través del compromiso institucional como, modestamente, hacemos desde las bibliotecas municipales de A Coruña. El cómic, debe ser una lectura normal entre todo público no un reducto para iniciados. (bueno, eso creemos)

    Comment enviado por: Fray — 10-11-2008 @ 20:33

Te toca

Tu comentario tardará un poco en aparecer pero si no es ofensivo acabará publicándose.

Por favor, escribe estos números para evitar spam.